>> Como dirían Fernández e Hernández de Tintín, "eu aínda diría máis":
>> Usaría "Vouno traducir" no canto de "Vou traducilo" (creo que non é algo
>> dialectal, pero gustaríame ter a vosa confirmación).
>
> Creo que amba-las dúas valen. De feito, creo que hai casos con ata tres
> formas posibles. Cousas da lingua. Vos sodes de "fixestes" ou de
> "fixéchedes"? ;-)

Eu son de "fixestes". Eu usaria tanto "vou traducilo" coma "vouno
traducir", pero o segundo máis ben coma unha intención que non ten por
que cumprirse pronto e a segunda como que o vou traducir agora
mesmiño.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a