Penso que é moi importante distinguir o detalle nesta proposta de
Miguel -- temos que ter, evidentemente, un funcionamento interno o
mais plural e democrático posible dentro do grupo de traballo e entre
nos, pero é *absolutamente vital* que presentemos unha postura
conxunta e coordinada de cara ao exterior.

Ten boa razón Francisco en que o 2M non é o apocalipse nen moito menos
-- o Software Ceibe existiu antes, e existirá despois. Ten
necesariamente que trascender esta situación. Pero é que a necesidade
dun grupo que nos coordine un pouco e que presente un interlocutor
claro de cara á sociedade xa viña de antes do goberno do bipartito:
sempre estivo aí, precisamente porque hai demasiadas "sensibilidades"
que en realidade se diferencian por cuestións que para a maioría da
poboación -- esa á que temos que convencer -- lle parecen bizantinos.

(Aproveito tamén este correo para comentarvos a todos que non me
esquenzo de que temos asuntos pendentes ca Xunta e co tema das
licenzas, Galinux e demais -- asuntos que quedaron truncados polas
eleccións e que hai que retomar en canto as augas se calmen. Acho, por
certo, que este "grupo de representantes" podería ser unha boa canle
para xestionar estes temas.)

Denís.

--
Denís Fernández Cabrera
mailto://de...@ceibes.org
http://gatonegro.ceibes.org

Responderlle a