Despois de lanzar ó ar as miñas ideas, deixei que a xente respondera para
tratar de ver cal é a inquedanza sobre o tema.

Eu estarei no XGN, así que creo que será un bo momento para facer unha
primeira aproximación e tentar establecer unha base de dialogo/propostas.

Dende aquí un chamamento a todolos axentes  do SwL para vernos.

MB

2009/3/30 Denís Fernández Cabrera <de...@ceibes.org>

> Certo é.
>
> Se cadra podiamos tentar ter unha primeira reunión nesta fin de
> semana, que como sabedes é a XGN e vai a vir bastante xente por
> Compostela. É unha excusa tan boa coma calquera outra para nos reunir
> todos nun mesmo sitio (e non esquenzamos que os GUGLs temos alí
> espazo, tamén).
>
> Denís.
>
> --
> Denís Fernández Cabrera
> mailto://de...@ceibes.org
> http://gatonegro.ceibes.org
>
>
>
> 2009/3/30 Miguel <migue...@gmail.com>:
> > Olá,
> >
> >    Vai pasando e creo que nos olvidamos totalmente do tema.
> > Posiblemente o problema sexa o de sempre, que non concretamos e todo
> > acaba pasando e olvidándose.
> >
> >      Así que deberíamos de comezar a pensar en propoñer algo. Eu creo
> > que o mellor sería nesta semana decidir un representante de cada
> > asociación para de Guls, traductores e empresas para reducir un pouco
> > o grupo de traballo e entre eles porse de acordo para seleccionar a 3
> > persoas que se reunan co novo goberno. Para esa reunión podería
> > redactarse un pequeno documento cas nosas inquedanzas, explicarlle
> > porqué defendemos o que defendemos. E unha vez alí intentar saber
> > cales son os seus plans en canto ó software libre e a que nivel queren
> > levar a súa colaboración co texido asociativo existente.
> >
> > Saúdos, Miguel.
> >
> > 2009/3/16 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> >>
> >>
> >> 2009/3/16 Denís Fernández Cabrera <de...@ceibes.org>
> >>>
> >>> Penso que é moi importante distinguir o detalle nesta proposta de
> >>> Miguel -- temos que ter, evidentemente, un funcionamento interno o
> >>> mais plural e democrático posible dentro do grupo de traballo e entre
> >>> nos, pero é *absolutamente vital* que presentemos unha postura
> >>> conxunta e coordinada de cara ao exterior.
> >>>
> >>> Ten boa razón Francisco en que o 2M non é o apocalipse nen moito menos
> >>> -- o Software Ceibe existiu antes, e existirá despois. Ten
> >>> necesariamente que trascender esta situación. Pero é que a necesidade
> >>> dun grupo que nos coordine un pouco e que presente un interlocutor
> >>> claro de cara á sociedade xa viña de antes do goberno do bipartito:
> >>> sempre estivo aí, precisamente porque hai demasiadas "sensibilidades"
> >>> que en realidade se diferencian por cuestións que para a maioría da
> >>> poboación -- esa á que temos que convencer -- lle parecen bizantinos.
> >>>
> >>> (Aproveito tamén este correo para comentarvos a todos que non me
> >>> esquenzo de que temos asuntos pendentes ca Xunta e co tema das
> >>> licenzas, Galinux e demais -- asuntos que quedaron truncados polas
> >>> eleccións e que hai que retomar en canto as augas se calmen. Acho, por
> >>> certo, que este "grupo de representantes" podería ser unha boa canle
> >>> para xestionar estes temas.)
> >>>
> >>> Denís.
> >>
> >> As miñas palabras non viñan tanto a que tema unha debacle, como a que a
> >> mudanza que se ten de producir na administración debe "provocar" unha
> >> mudanza nos nosos xeitos de actuar "cara a galería" (entendendo esto no
> >> senso positivo). Que andamos un pouco espallados esta ben craro, pero
> cando
> >> falo con xente doutros grupos, a pesares das diferenzas, sempre acabamos
> >> entendendonos e purrando no mesmo sentido, polo que creo que será doado
> >> chegar a posturas comuns.
> >>
> >> Esto creo que será positivo en todolos sensos para todos os implicados,
> por
> >> activa ou por pasiva e cara a administracioón será máis sinxelo
> consensuar
> >> actividades ao non ter que facer "panos quentes" asegún con quen
> falen/s.
> >>
> >> Sempre tiven a sensación (digo:sensación) de que antes interesaba que
> >> funcionaramos como "reinos de taifas" e sempre pensei (e sigo a pensalo)
> que
> >> isto só favorecía á outra parte e non a os axentes do SwL.
> >>
> >>  M B
> >>
> >> --
> >> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
> .xlsx,
> >> .ppt, .pptx
> >>
> >> Instale OpenOffice dende
> >>
> http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/..
> .,
> >> é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes
> de
> >> oficina, e está en continuo desenvolvemento."
> >>
> >>
> >> _______________________________________________
> >> Guls mailing list
> >> g...@mancomun.org
> >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
> >>
> >>
> > _______________________________________________
> > Guls mailing list
> > g...@mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> ubuntu-l10n...@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Responderlle a