> Tocante ó de facer unha especie de asamblea de axentes relacionados co
> software libre paréceme correcto (se ten que ter entidade legal ou non, xa
> se verá). Pero, aínda que sexa pouco operativo, e as experiencias pasadas
> sexan algo dolorosas, non estou de acordo no de reducir esa asamblea a dous
> representates facendo de interlocutores. Só entre grupos de usuarios, de
> traductores e asociacións de empresarios xa temos necesidade de tres
> representantes diferentes. Por outra banda, xa sabemos que entre os grupos
> de usuarios temos tamén ás veces posturas radicalmente opostas, polo que,
> mellor que falemos todos que que falen dous sós.


O "grupo de reperesentantes", federación, coordenadora, ... ou como se
queira chamar, propoño, teña un (alo menos) representante por "axente
social" (GUL, grupo tradutores, asoc. empresas, etc...),  deste grupo e do
que propoño, suxiro... saian os "voceiros" a fin de que os temas xerais non
sexa preciso que vaia unha "procesión" a cada xuntanza que se poida dar coa
administración.

*<cita>*
*Ocorréuseme que os GULs, grupos de tradutores, outras entidades como as
empresariais e as vencelladas á educación e demáis axentes implicados no
movemento do SwL e das fontes abertas constitúan un grupo (inicialmente non
orgánico) formado por un representante de cada unha delas cuxo fin sexa
aunar as opinións dos distintos grupos e actuar como portavoces ante a
futura administración...*
*</cita>*

*<cita>
Ó fin de seren o máis eficientes posibles creo que este “grupo de
representantes” nomeará dous (creo que son abondo) representantes para seren
os que actuen como interlocutores ante a administración.**
</cita>*




-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Instale OpenOffice dende
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/...,
é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de
oficina, e está en continuo desenvolvemento."

Responderlle a