Certo é. Se cadra podiamos tentar ter unha primeira reunión nesta fin de semana, que como sabedes é a XGN e vai a vir bastante xente por Compostela. É unha excusa tan boa coma calquera outra para nos reunir todos nun mesmo sitio (e non esquenzamos que os GUGLs temos alí espazo, tamén).
Denís. -- Denís Fernández Cabrera mailto://[email protected] http://gatonegro.ceibes.org 2009/3/30 Miguel <[email protected]>: > Olá, > > Vai pasando e creo que nos olvidamos totalmente do tema. > Posiblemente o problema sexa o de sempre, que non concretamos e todo > acaba pasando e olvidándose. > > Así que deberíamos de comezar a pensar en propoñer algo. Eu creo > que o mellor sería nesta semana decidir un representante de cada > asociación para de Guls, traductores e empresas para reducir un pouco > o grupo de traballo e entre eles porse de acordo para seleccionar a 3 > persoas que se reunan co novo goberno. Para esa reunión podería > redactarse un pequeno documento cas nosas inquedanzas, explicarlle > porqué defendemos o que defendemos. E unha vez alí intentar saber > cales son os seus plans en canto ó software libre e a que nivel queren > levar a súa colaboración co texido asociativo existente. > > Saúdos, Miguel. > > 2009/3/16 Miguel Bouzada <[email protected]>: >> >> >> 2009/3/16 Denís Fernández Cabrera <[email protected]> >>> >>> Penso que é moi importante distinguir o detalle nesta proposta de >>> Miguel -- temos que ter, evidentemente, un funcionamento interno o >>> mais plural e democrático posible dentro do grupo de traballo e entre >>> nos, pero é *absolutamente vital* que presentemos unha postura >>> conxunta e coordinada de cara ao exterior. >>> >>> Ten boa razón Francisco en que o 2M non é o apocalipse nen moito menos >>> -- o Software Ceibe existiu antes, e existirá despois. Ten >>> necesariamente que trascender esta situación. Pero é que a necesidade >>> dun grupo que nos coordine un pouco e que presente un interlocutor >>> claro de cara á sociedade xa viña de antes do goberno do bipartito: >>> sempre estivo aí, precisamente porque hai demasiadas "sensibilidades" >>> que en realidade se diferencian por cuestións que para a maioría da >>> poboación -- esa á que temos que convencer -- lle parecen bizantinos. >>> >>> (Aproveito tamén este correo para comentarvos a todos que non me >>> esquenzo de que temos asuntos pendentes ca Xunta e co tema das >>> licenzas, Galinux e demais -- asuntos que quedaron truncados polas >>> eleccións e que hai que retomar en canto as augas se calmen. Acho, por >>> certo, que este "grupo de representantes" podería ser unha boa canle >>> para xestionar estes temas.) >>> >>> Denís. >> >> As miñas palabras non viñan tanto a que tema unha debacle, como a que a >> mudanza que se ten de producir na administración debe "provocar" unha >> mudanza nos nosos xeitos de actuar "cara a galería" (entendendo esto no >> senso positivo). Que andamos un pouco espallados esta ben craro, pero cando >> falo con xente doutros grupos, a pesares das diferenzas, sempre acabamos >> entendendonos e purrando no mesmo sentido, polo que creo que será doado >> chegar a posturas comuns. >> >> Esto creo que será positivo en todolos sensos para todos os implicados, por >> activa ou por pasiva e cara a administracioón será máis sinxelo consensuar >> actividades ao non ter que facer "panos quentes" asegún con quen falen/s. >> >> Sempre tiven a sensación (digo:sensación) de que antes interesaba que >> funcionaramos como "reinos de taifas" e sempre pensei (e sigo a pensalo) que >> isto só favorecía á outra parte e non a os axentes do SwL. >> >> M B >> >> -- >> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, >> .ppt, .pptx >> >> Instale OpenOffice dende >> http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/..., >> é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de >> oficina, e está en continuo desenvolvemento." >> >> >> _______________________________________________ >> Guls mailing list >> [email protected] >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls >> >> > _______________________________________________ > Guls mailing list > [email protected] > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls >

