2009/3/16 Denís Fernández Cabrera <[email protected]> > Penso que é moi importante distinguir o detalle nesta proposta de > Miguel -- temos que ter, evidentemente, un funcionamento interno o > mais plural e democrático posible dentro do grupo de traballo e entre > nos, pero é *absolutamente vital* que presentemos unha postura > conxunta e coordinada de cara ao exterior. > > Ten boa razón Francisco en que o 2M non é o apocalipse nen moito menos > -- o Software Ceibe existiu antes, e existirá despois. Ten > necesariamente que trascender esta situación. Pero é que a necesidade > dun grupo que nos coordine un pouco e que presente un interlocutor > claro de cara á sociedade xa viña de antes do goberno do bipartito: > sempre estivo aí, precisamente porque hai demasiadas "sensibilidades" > que en realidade se diferencian por cuestións que para a maioría da > poboación -- esa á que temos que convencer -- lle parecen bizantinos. > > (Aproveito tamén este correo para comentarvos a todos que non me > esquenzo de que temos asuntos pendentes ca Xunta e co tema das > licenzas, Galinux e demais -- asuntos que quedaron truncados polas > eleccións e que hai que retomar en canto as augas se calmen. Acho, por > certo, que este "grupo de representantes" podería ser unha boa canle > para xestionar estes temas.) > > Denís. >
As miñas palabras non viñan tanto a que tema unha debacle, como a que a mudanza que se ten de producir na administración debe "provocar" unha mudanza nos nosos xeitos de actuar "cara a galería" (entendendo esto no senso positivo). Que andamos un pouco espallados esta ben craro, pero cando falo con xente doutros grupos, a pesares das diferenzas, sempre acabamos entendendonos e purrando no mesmo sentido, polo que creo que será doado chegar a posturas comuns. Esto creo que será positivo en todolos sensos para todos os implicados, por activa ou por pasiva e cara a administracioón será máis sinxelo consensuar actividades ao non ter que facer "panos quentes" asegún con quen falen/s. Sempre tiven a sensación (digo:sensación) de que antes interesaba que funcionaramos como "reinos de taifas" e sempre pensei (e sigo a pensalo) que isto só favorecía á outra parte e non a os axentes do SwL. M B -- "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Instale OpenOffice dende http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/..., é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de oficina, e está en continuo desenvolvemento."

