O Martes 03 Marzo 2009 15:45:26 Miguel Bouzada escribiu: (Perdón polo cross-posting) > Adxuntovos a todos un textiño no que desbarro un pouco sobre algunha idea > cara o futuro ...
Deixando á parte a cuestión de que poderías terlle corrixido a ortografía..... Tanta preocupación á defensiva por unha cousa tan tanxente ao software libre como é un troco no goberno galego dá non boa impresión; eu estou nisto porque si, e supoño que as empresas que haxa o estarán por unha cuestión de EBITDA, que se consegue que medre mediante cantos máis clientes mellor. Este nivel de preocupación dá a entender que a intervención da cousa pública é precisa para o sustento do software libre na Galiza. > Ben e certo que ainda non temos ningunha referencia clara do que pode > acontecer no futuro, [...] Correcto (pero supoño que meterán o SIX ese valenciano polas orellas) > Programa electoral do PP. Créomo tanto como o dos outros partidos. No que se refire ao eido educativo, non estou autorizado para achegar nada, e penso que os GUL tampouco, só a xente colaboradora habitual de galinux-slax, ex-colaboradores destas e os participantes edugal teñen auctoritas, IMNSHO. > Ocorrencias: > Ocorreseme que os GULs, grupos de tradutores, outras entidades como as > empresariais e as vencelladas a educación e demáis axentes implicados no > movemento do SwL e das fontes abertas constituian un grupo [...] > cuio fin sexa > aunar as opinións dos distintos grupos e actuar como portavoces ante a > futura administración ó fin de manter un control sobre as promesas > electorais. E por que esta asimetría? > No caso de entidades, grupos, etc... que non teñen un estatuto > social, [...] que dende ellas se nomee un representante, ou xa > que en todos (ou case) os GULs > e outros movementos hai persoas vencelladas a elas, estas poderian, e > engadiria que deben, asumir a defensa dos intereses destes grupos cun voto > (opinión) específico, sendo preferible sempre a presencia directa e propia > de cada unha delas (o da endogamia está moi ben pero...). A persoa xurídica autorizada a falar por min no que se refire ao traballo en tradución de software libre que eu fago e veño facendo desde 20080101T0000Z, excluíndo o desenvolvemento de códigos fonte tanto de programas escritos en linguaxes compiladas como en linguaxes interpretadas con ou sen etapa intermedia de byte-code, e aos ficheiros precisos para o sistema de compilación e xestión de proxectos, e excluído tamén toda posibilidade de estabelecemento de compromisos futuros e mudanzas de dereitos de copia e licenzas de distribución é a Asociación Cultural Galega CiberIrmandade da Fala, inscrita no Rexistro Central de Asociacións co código 2007/010254-1 (SC). > que, gustariame, poidan xurdir, suxiro que se faga unha “Cumbre de > entidades galegas vencelladas coas FLOSS” coa minima tardanza. Se o fas en fin de semana e con comida paga.... > Continuación do proxecto “mancomun.org” e as súas obras.”derivadas”. Isto está nas maos do futuro goberno. > O entrans e os traballos de tradución. Non vexo cal é o problema, os ficheiros deberían ser enviados aos proxectos orixinais.

