Imaxino que os tradutores do Battle for Wesnoth que traducíchedes ou estades a
traducir algunha campaña na que falan personaxes da especie dos ananos,
notaríades que a súa fala é popular, non respecta as normas do inglés, e
parece procurar asemellarse á pronuncia que empregan os ananos.
Ata o de agora, eu viña manifestando esta diferencia a través dunha tradución
con seseo, gheada e outras moitas formas do galego falado, que non se tiveron
en conta na normativa escrita. Pero o certo é que meter "fenómenos
lingüísticos non normativos" ao chou e a esgallo na fala dos ananos podería
non ser respectuoso coa xente que fala deste xeito, entre os cales, nalgunhas
das formas, me inclúo.
Así e todo, creo que si que sería necesario que os ananos utilizasen algunha
destas formas dialectais non normativas do galego na súa fala para facer a
distinción de carácter popular que ten o inglés orixinal.
Coido que o mellor sería poñernos dacordo nos rasgos que lle imos aplicar á
súa fala. Ben elixindo unha zona de Galicia e aplicándolle á fala dos ananos
os fenomenos do lugar, ou ben elixindo diferentes fenómenos de distintas
partes -o que imaxino sería menos correcto técnicamente, pero menos ofensivo
que se eliximos que os ananos viven nunha zona concreta-.
Pero se isto xa foi falado, facédeme saber cal é o acordo. Insisto en que
algunha dirferencia coa escrita normativa debería haber.
Un saúdo, e perdoade polo tostón,
Adrián Chaves Fernández