Ola, vou reabrir o tema para ver se arranxamos xa isto para sempre. Propuxéronse "blogue", "blog", "bitácora", "bitácula".
"bitácula" quedara descartado porque só o apoiou Suso, e moitos dixeron que non sería aceptado. No glosario de Trasno aparecen "blogue" e "bitácora", sen preferencias, no glosario de Mancomun só aparece "blogue", e na terminoloxía de Microsoft tamén aparece só "blogue". Como dixeron por aí parece que "blogue" é o máis estendido pola rede galega (eu do tema non teño moita idea). Para enlear máis a cousa as traducións de SL van por outro camiño (lembro que os resultados son sobre parte das traducións de SL): bitácora --> 17 KDE: 17 blog --> 9 GNOME: 9 blogue --> 8 GNOME: 1 KDE: 6 SUSE: 1 Aínda que a min a que máis me gusta é "bitácora" (opinión totalmente subxectiva), apoio "blogue" porque parece ser a que máis se estendeu. Para isto contaría máis ca opinión dos blogueiros que son os usan isto tódolos días. Ata logo, Leandro Regueiro