Boas a todos.

Pola miña parte, eu pasaría de todo. Creo que estamos moi ben como estamos
agora. Aínda que constituírse coma entidade legal pola nosa conta e risco
tampouco estaría de máis.

Evaluando os pros e os contras de todo isto, teño bastante claro que saen
gañando os contras.

Non teño problema en quedar se así o queredes, pero xa vos digo que non me
ides facer cambiar de opinión no que a isto respecta. E estou seguro de que
a algún máis tampouco, a pesares de non ter falado con el polo de agora, xD.

Un saúdo,

                 Alejo.

2009/5/7 damufo <dam...@gmail.com>

>
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>
>  Se non lembro mal a idea de obter representación legal (xa fora pola
>>>> creación da nosa propia asociación, xa fora pola integración de Trasno
>>>> noutra asociación) era ter entidade legal para parlamentar con outras
>>>> entidades como podia ser a Xunta ou Mancomun (lembro que me comentara
>>>> xente de Mancomun que non tiñan xeito de establecer relacións connosco
>>>> a nivel de convenios ou axudas ou polo estilo); non sei se iso será
>>>> moi útil para algo, pero se temos entidade legal poderiamos intentar
>>>> pedirlle a liberación de recursos que nos axuden á Xunta, xa que o de
>>>> que uns particulares llo pidan non via ter alá moito éxito...
>>>>
>>> Niso concordo, creo que non faría mal esa reconversión.
>>>
>>>  Por outra banda integrarnos nas Ciberirmandades, por exemplo,
>>>> poderianos dar acceso a certos recursos económicos que se poderian
>>>> usar para pagar o aloxamento, o dominio (e deixar de sangrar a Jacobo
>>>> ou quen sexa que se ocupa diso agora) e pode que organizar xornadas ou
>>>> eventos, e se esaxeramos moito, ata poderiamos contratar a alguén que
>>>> nos revise as traducións (estou flipando, xa o sei). Ademais disto non
>>>> lembro se se falara de algunha outra razón para ter entidade legal...
>>>>
>>> O tema das CiberIrmandades xa non o vexo tan claro, e probable que
>>> algunha
>>> xente non concorde con elas no ideoloxico, e si co proxecto trasno
>>> (grazas a
>>> quen non ten ese compoñente).
>>>
>>
>> Todo o que facemos en Trasno ten aparellado certa ideoloxía. Matámonos
>> a traducir por algunha razón, e estou seguro de que hai algún dos
>> voluntarios que traduce máis por amor ao galego que por amor ao
>> software libre. É certo que nas Ciberirmandades poñen o galego por
>> diante, para Trasno quizais un vaia co outro, pero coincidimos en boa
>> parte dos obxectivos, creo eu.
>>
>> Ata logo,
>>                      Leandro Regueiro
>>
>>
>>
> Penso que no tema ideolóxico é máis restritivo trasno, quen só traduce
> software libre mentres que, se non me erro, para ciberirmandade o importante
> é que o software (privativo ou non) estea traducido ao galego. Na posible
> colaboración/adhesión trasno penso que todos sairíamos gañando.
> Como di Leandro, todo o que se fai ten ideoloxía neste caso penso que é  a
> promoción do galego como lingua no software que usamos, nesto concordamos.
> Gustaríame que alguén comentase algunha cuestión que prexudique a Trasno
> esta colaboración/adhesión ou que ideoloxía en concreto de ciberirmandade
> pode "espantar" aos trásnegos.
>
> O que no parece moi viable a día de hoxe é que trasno se faga asociación, a
> non ser que alguén se ofreza voluntario a levar o papelame, se este fora o
> caso, sería estupendo.
>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a