Leandro Regueiro escribiu:
Se non lembro mal a idea de obter representación legal (xa fora pola
creación da nosa propia asociación, xa fora pola integración de Trasno
noutra asociación) era ter entidade legal para parlamentar con outras
entidades como podia ser a Xunta ou Mancomun (lembro que me comentara
xente de Mancomun que non tiñan xeito de establecer relacións connosco
a nivel de convenios ou axudas ou polo estilo); non sei se iso será
moi útil para algo, pero se temos entidade legal poderiamos intentar
pedirlle a liberación de recursos que nos axuden á Xunta, xa que o de
que uns particulares llo pidan non via ter alá moito éxito...
Niso concordo, creo que non faría mal esa reconversión.

Por outra banda integrarnos nas Ciberirmandades, por exemplo,
poderianos dar acceso a certos recursos económicos que se poderian
usar para pagar o aloxamento, o dominio (e deixar de sangrar a Jacobo
ou quen sexa que se ocupa diso agora) e pode que organizar xornadas ou
eventos, e se esaxeramos moito, ata poderiamos contratar a alguén que
nos revise as traducións (estou flipando, xa o sei). Ademais disto non
lembro se se falara de algunha outra razón para ter entidade legal...
O tema das CiberIrmandades xa non o vexo tan claro, e probable que algunha
xente non concorde con elas no ideoloxico, e si co proxecto trasno (grazas a
quen non ten ese compoñente).

Todo o que facemos en Trasno ten aparellado certa ideoloxía. Matámonos
a traducir por algunha razón, e estou seguro de que hai algún dos
voluntarios que traduce máis por amor ao galego que por amor ao
software libre. É certo que nas Ciberirmandades poñen o galego por
diante, para Trasno quizais un vaia co outro, pero coincidimos en boa
parte dos obxectivos, creo eu.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro



Penso que no tema ideolóxico é máis restritivo trasno, quen só traduce software libre mentres que, se non me erro, para ciberirmandade o importante é que o software (privativo ou non) estea traducido ao galego. Na posible colaboración/adhesión trasno penso que todos sairíamos gañando. Como di Leandro, todo o que se fai ten ideoloxía neste caso penso que é a promoción do galego como lingua no software que usamos, nesto concordamos. Gustaríame que alguén comentase algunha cuestión que prexudique a Trasno esta colaboración/adhesión ou que ideoloxía en concreto de ciberirmandade pode "espantar" aos trásnegos.

O que no parece moi viable a día de hoxe é que trasno se faga asociación, a non ser que alguén se ofreza voluntario a levar o papelame, se este fora o caso, sería estupendo.

Responderlle a