2009/5/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>> A cuestión é, seguimos a valoras unha fusión en ciberirmandades, ou
>>>> incorporamonos a esa nova asociación?. Como e en que termos o deberíamos
>>>> facer?
>>>>
>>>> A miña opinión _a priori_ é que é máis interesante depender desa nova
>>>> asociación de SWL, e que nos permitan manter unha identidade propia (a
>>>> modo
>>>> de 'división', como ben poderían ser 'usuarios' ou 'programadores').
>>>
>>> Que eu saiba estabámoslle pedindo ás Ciberirmandades que nos
>>> respectaran como entidade separada dentro da asociación. E non vexo a
>>> forma de meternos nunha federación de asociacións sen ser
>>> asociación...
>>
>> Que eu saiba, nesta lista non se comentou tal cousa, se cadra o falachedes
>> en privado algún de vos
>>
>> @leandro recordaras que se falou de ver como artellar tal cousa, de feito
>> dende GALPon (que é do que sei) vaise propor algo que permita que Trasno
>> siga co seu particular xeito de artellamento, como o de até agora, podendose
>> "federar" sen alterar o seu estado actual. Non podo garantir que esa
>> proposta sexa aceptada por todos, pero a maioría da xente coa que levo
>> falado do tema está por elo.
>>
>> Esto levaría a que as CiberIrmandades e Trasno poidan ter cadanseu a súa
>> propia cota. Est debatirase no seo da constituinte, se despois non resulta
>> así creo que será o momento de plantexar outra estratexia.
>
> Ou sexa, seguiremos sen ter entidade legal.
>
> Se non lembro mal a idea de obter representación legal (xa fora pola
> creación da nosa propia asociación, xa fora pola integración de Trasno
> noutra asociación) era ter entidade legal para parlamentar con outras
> entidades como podia ser a Xunta ou Mancomun (lembro que me comentara
> xente de Mancomun que non tiñan xeito de establecer relacións connosco
> a nivel de convenios ou axudas ou polo estilo); non sei se iso será
> moi útil para algo, pero se temos entidade legal poderiamos intentar
> pedirlle a liberación de recursos que nos axuden á Xunta, xa que o de
> que uns particulares llo pidan non via ter alá moito éxito...
>
> Por outra banda integrarnos nas Ciberirmandades, por exemplo,
> poderianos dar acceso a certos recursos económicos que se poderian
> usar para pagar o aloxamento, o dominio (e deixar de sangrar a Jacobo
> ou quen sexa que se ocupa diso agora) e pode que organizar xornadas ou
> eventos, e se esaxeramos moito, ata poderiamos contratar a alguén que
> nos revise as traducións (estou flipando, xa o sei). Ademais disto non
> lembro se se falara de algunha outra razón para ter entidade legal...


Por outra banda as Ciberirmandades son coñecidas por defender o galego
no ámbito da informática, algo que coñece moita máis xente ca xente
coñece Trasno. Iso podería ser útil para atraer máis voluntarios.
Ademais serviria como plataforma para publicitar Trasno.

Que o resto da xente opine algo sobre o tema, por favor.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a