>> Se non lembro mal a idea de obter representación legal (xa fora pola
>> creación da nosa propia asociación, xa fora pola integración de Trasno
>> noutra asociación) era ter entidade legal para parlamentar con outras
>> entidades como podia ser a Xunta ou Mancomun (lembro que me comentara
>> xente de Mancomun que non tiñan xeito de establecer relacións connosco
>> a nivel de convenios ou axudas ou polo estilo); non sei se iso será
>> moi útil para algo, pero se temos entidade legal poderiamos intentar
>> pedirlle a liberación de recursos que nos axuden á Xunta, xa que o de
>> que uns particulares llo pidan non via ter alá moito éxito...
>
> Niso concordo, creo que non faría mal esa reconversión.
>
>> Por outra banda integrarnos nas Ciberirmandades, por exemplo,
>> poderianos dar acceso a certos recursos económicos que se poderian
>> usar para pagar o aloxamento, o dominio (e deixar de sangrar a Jacobo
>> ou quen sexa que se ocupa diso agora) e pode que organizar xornadas ou
>> eventos, e se esaxeramos moito, ata poderiamos contratar a alguén que
>> nos revise as traducións (estou flipando, xa o sei). Ademais disto non
>> lembro se se falara de algunha outra razón para ter entidade legal...
>
> O tema das CiberIrmandades xa non o vexo tan claro, e probable que algunha
> xente non concorde con elas no ideoloxico, e si co proxecto trasno (grazas a
> quen non ten ese compoñente).

Todo o que facemos en Trasno ten aparellado certa ideoloxía. Matámonos
a traducir por algunha razón, e estou seguro de que hai algún dos
voluntarios que traduce máis por amor ao galego que por amor ao
software libre. É certo que nas Ciberirmandades poñen o galego por
diante, para Trasno quizais un vaia co outro, pero coincidimos en boa
parte dos obxectivos, creo eu.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a