-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Antes de nada saúdos a todos (xa que é a primeira vez que escribo la lista, normalmente estou de "lurker").
Pero escribo para dicir que non estou de acordo con este e-mail, eu traduzo por amor ó Software Libre na miña lingua, pero sobre todo Libre denantes que nada. ¿De que me sirve un software en galego se non dispoño da liberdade? Se é libre sempre poderei traduzilo, pero dudo que sexa posible ó revés... Leandro Regueiro escribió: |>> Se non lembro mal a idea de obter representación legal (xa fora pola |>> creación da nosa propia asociación, xa fora pola integración de Trasno |>> noutra asociación) era ter entidade legal para parlamentar con outras |>> entidades como podia ser a Xunta ou Mancomun (lembro que me comentara |>> xente de Mancomun que non tiñan xeito de establecer relacións connosco |>> a nivel de convenios ou axudas ou polo estilo); non sei se iso será |>> moi útil para algo, pero se temos entidade legal poderiamos intentar |>> pedirlle a liberación de recursos que nos axuden á Xunta, xa que o de |>> que uns particulares llo pidan non via ter alá moito éxito... |> Niso concordo, creo que non faría mal esa reconversión. |> |>> Por outra banda integrarnos nas Ciberirmandades, por exemplo, |>> poderianos dar acceso a certos recursos económicos que se poderian |>> usar para pagar o aloxamento, o dominio (e deixar de sangrar a Jacobo |>> ou quen sexa que se ocupa diso agora) e pode que organizar xornadas ou |>> eventos, e se esaxeramos moito, ata poderiamos contratar a alguén que |>> nos revise as traducións (estou flipando, xa o sei). Ademais disto non |>> lembro se se falara de algunha outra razón para ter entidade legal... |> O tema das CiberIrmandades xa non o vexo tan claro, e probable que algunha |> xente non concorde con elas no ideoloxico, e si co proxecto trasno (grazas a |> quen non ten ese compoñente). | | Todo o que facemos en Trasno ten aparellado certa ideoloxía. Matámonos | a traducir por algunha razón, e estou seguro de que hai algún dos | voluntarios que traduce máis por amor ao galego que por amor ao | software libre. É certo que nas Ciberirmandades poñen o galego por | diante, para Trasno quizais un vaia co outro, pero coincidimos en boa | parte dos obxectivos, creo eu. | | Ata logo, | Leandro Regueiro | | - -- Saúdos, KaBuTe kabute(at)gulo(dot)org ============================================== "Real hackers don't use Open Source. They are Free..." -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkoDRYIACgkQAyq/KGjgJLxbnACgq72IX+rbQVPRRiDBYyWouZ7I ru8An1a6qmb4sVruGDFy9j+D52FE9rXf =tIBO -----END PGP SIGNATURE-----

