Alejo Pacín Jul escribiu:
Boas a todos.
Pola miña parte, eu pasaría de todo. Creo que estamos moi ben como
estamos agora. Aínda que constituírse coma entidade legal pola nosa
conta e risco tampouco estaría de máis.
poderías explicar un pouco como cres que se pode acadar isto?
Evaluando os pros e os contras de todo isto, teño bastante claro que
saen gañando os contras.
poderías explicar eses pros e contras? que é o que avalías?
Non teño problema en quedar se así o queredes, pero xa vos digo que non
me ides facer cambiar de opinión no que a isto respecta. E estou seguro
de que a algún máis tampouco, a pesares de non ter falado con el polo de
agora, xD.
Non teño ánimo de facer cambiar de opinión pero si de entendela.
Finalmente, con respecto á tradución de software libre, trasno seguriá a
traducir software libre, é mais, cada quen traduce o que lle peta, igual
que agora. Onde está o problema?
Un saúdo,
Alejo.
2009/5/7 damufo <[email protected] <mailto:[email protected]>>
Leandro Regueiro escribiu:
Se non lembro mal a idea de obter representación legal
(xa fora pola
creación da nosa propia asociación, xa fora pola
integración de Trasno
noutra asociación) era ter entidade legal para
parlamentar con outras
entidades como podia ser a Xunta ou Mancomun (lembro que
me comentara
xente de Mancomun que non tiñan xeito de establecer
relacións connosco
a nivel de convenios ou axudas ou polo estilo); non sei
se iso será
moi útil para algo, pero se temos entidade legal
poderiamos intentar
pedirlle a liberación de recursos que nos axuden á
Xunta, xa que o de
que uns particulares llo pidan non via ter alá moito
éxito...
Niso concordo, creo que non faría mal esa reconversión.
Por outra banda integrarnos nas Ciberirmandades, por
exemplo,
poderianos dar acceso a certos recursos económicos que
se poderian
usar para pagar o aloxamento, o dominio (e deixar de
sangrar a Jacobo
ou quen sexa que se ocupa diso agora) e pode que
organizar xornadas ou
eventos, e se esaxeramos moito, ata poderiamos contratar
a alguén que
nos revise as traducións (estou flipando, xa o sei).
Ademais disto non
lembro se se falara de algunha outra razón para ter
entidade legal...
O tema das CiberIrmandades xa non o vexo tan claro, e
probable que algunha
xente non concorde con elas no ideoloxico, e si co proxecto
trasno (grazas a
quen non ten ese compoñente).
Todo o que facemos en Trasno ten aparellado certa ideoloxía.
Matámonos
a traducir por algunha razón, e estou seguro de que hai algún dos
voluntarios que traduce máis por amor ao galego que por amor ao
software libre. É certo que nas Ciberirmandades poñen o galego por
diante, para Trasno quizais un vaia co outro, pero coincidimos
en boa
parte dos obxectivos, creo eu.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Penso que no tema ideolóxico é máis restritivo trasno, quen só
traduce software libre mentres que, se non me erro, para
ciberirmandade o importante é que o software (privativo ou non)
estea traducido ao galego. Na posible colaboración/adhesión trasno
penso que todos sairíamos gañando.
Como di Leandro, todo o que se fai ten ideoloxía neste caso penso
que é a promoción do galego como lingua no software que usamos,
nesto concordamos. Gustaríame que alguén comentase algunha cuestión
que prexudique a Trasno esta colaboración/adhesión ou que ideoloxía
en concreto de ciberirmandade pode "espantar" aos trásnegos.
O que no parece moi viable a día de hoxe é que trasno se faga
asociación, a non ser que alguén se ofreza voluntario a levar o
papelame, se este fora o caso, sería estupendo.
--
To unsubscribe, send mail to [email protected]
<mailto:[email protected]>.