Estamos a algo así como un mes da publicación de KDE 4.3.0 Como
comprobaríades de consultar l10n.kde.org, desta volta produciuse unha
grande baixada no número de traducións completas nos módulos centrais
de kde; a causa, como xa se anunciou no seu día, débese a que se
xuntou dunha banda un forte incremento na cantidade de mensaxes, e
aliás que non hai tanto tempo dispoñíbel para traducir.
De feito, a día de hoxe, as únicas modificacións nos módulos kde*
foron feitas en kdepim (por Xosé) e en kdepimlibs (creo que Xosé e eu
con correccións de ortografía), kdelibs e kdebase (eu, ortografía).

Polo tanto, quen queira colaborar nos módulos kde* pode facelo, coa
excepción dos comentados no parágrafo anterior, as achegas serán
entregadas ao repositorio sen máis que unha revisión moi por riba e
que pasen as verificacións da entrega.

Responderlle a