O Xoves, 21 de Maio de 2009 11:18:49 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Cheguei a http://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl e estou facendo os
> comandos SVN para obter os PO de aplicacións e documentación. Coido que o
> meu dolphin agora incorpora funcións de SVN, ou sexa, que cando vaia
> traducir, 1) actualizo, 2) traduzo, 3) subo. Non?

Non. Se te refires a que subes os .po ti directamente, non. Non tes permiso 
para iso, só os coordinadores. 

Sigues o que indica aquí: http://trasno.net/kde:inicio
Descargas nun cartafol conveniente os .po e .pot:

 svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl
 svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates

e só actualizas os modelos ( ./templates).  ie, dende a consola svn update 
./templates.  Tamén co dolphin, se te pos nese cartafol, clic dereito, 
actualizar. Nuca fagas isto con ./gl !, que logo aparecen problemas. 

Fai isto tamén: 
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts
e nese cartafol hai un script que é merge_all.sh.  Podes copialo no cartafol 
onde descargaches ./templates e ./gl e despois de cada vez que fagas unha 
actualización de ./templates execútao. Tarda un cachiño. 

Comproba que teñas ben configurado o programa que uses pra traducir, coa 
lingua, plurais e o teu nome ben posto. En correo indica proxecto@trasno.net. 
Antes de enviar un .po abreo cun editor de texto e comproba a cabeceira que 
estea ben posta.  Actualiza sempre que empeces a traducir (de día pra día). Os 
.po's que traduciras entrégasllos a Marce. 


creo que non me queda nada. calquera dúbida, pregunta

saúdos!

Responderlle a