2009/5/21 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: > Cheguei a http://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl e estou facendo os > comandos SVN para obter os PO de aplicacións e documentación. Coido que o meu > dolphin agora incorpora funcións de SVN, ou sexa, que cando vaia traducir, 1) > actualizo, 2) traduzo, 3) subo. Non?
Pois subir non vas poder facelo; motivo? que estás a tomar os ficheiros de anonsvn. Para poder entregar debes ter conta no svn.kde.org. De feito, a día de hoxe, a única diferenza a efeitos práticos entre un tradutor normal e un tradutor coordinador é ter ou non esa conta (*) Ti fai o seguinte: executa o script trasno_firsttime.sh (non lembro se hai que facer algo antes, está en l10n-support gl), este fará a configuración do .bashrc e obterache a primeira copia de traballo. Logo (i.e. inmediatamente despois) pecha a terminal e volta abrila, e executa o script anovar.sh, que se todo foi ben xa terás na PATH. Este script resólveche automaticamente os conflitos entre versións, aínda que dun xeito algo basto, polo que non te deberías ter que preocupar moito do sistema de control de versións (**). No sucesivo, o script anovar.sh librarate da maioría de rollos co svn. Para traducir, o mellor é empregar o Lokalize, utilizando como ficheiro de proxecto un que está no repositorio (lamento non dar máis detalles, pero como abre por omisión o último aberto hai meses que non o miro), e xa: traducir e enviar o traballo. * E son gratis. Outra cousa é que non sexa recomendábel que haxa varios coordinadores _activos_ á vez. ** Isto non te libra de que de tanto en tanto svn pida que lle indiques o que facer cun conflito, nin de que de tanto en tanto podas ter que facer un «svn add `svn status | grep "?" | cut -d" " -f7`»

