> O Xoves, 21 de Maio de 2009 11:18:49 Adrián Chaves Fernández escribiu: > > Cheguei a http://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl e estou facendo > > os comandos SVN para obter os PO de aplicacións e documentación. Coido > > que o meu dolphin agora incorpora funcións de SVN, ou sexa, que cando > > vaia traducir, 1) actualizo, 2) traduzo, 3) subo. Non? > > Non. Se te refires a que subes os .po ti directamente, non. Non tes permiso > para iso, só os coordinadores.
Lóxico :) Algo así imaxinara, pero non estaba seguro. > Sigues o que indica aquí: http://trasno.net/kde:inicio Oh! Grazas, non sei por que non empecei por mirar aí :$ > e só actualizas os modelos ( ./templates). ie, dende a consola svn update > ./templates. Tamén co dolphin, se te pos nese cartafol, clic dereito, > actualizar. Nuca fagas isto con ./gl !, que logo aparecen problemas. > > Fai isto tamén: > svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts > e nese cartafol hai un script que é merge_all.sh. Podes copialo no > cartafol onde descargaches ./templates e ./gl e despois de cada vez que > fagas unha actualización de ./templates execútao. Tarda un cachiño. Non sei moi ben como usar os templates (nin o que son fóra do contexto da Wikipedia), pero xa dentro dun anaco mando un mail aparte coas dúbidas deste tipo.

