Ben, ía seguir os pasos, pero habendo un script, para que? (Marce, moitas grazas polo script, así dá gusto). Así que, modifiquei o script para que utilizase outro directorio (son un completo noob, pero explorando vou tirando).
O script está a traballar agora mesmo. Pero deumeun erro con: /home/chaves/proxectos/Trasno/kde/trunk/l10n-kde4/documentation/kdegames E outros 20 directorios ou por aí, e logo seguiu con normalidade. Podería solucionalo volver lanzar o script?

