Olá!, acabo de ver que xgf voltou á vida, e tan branquiño como cando o coñecin..... ;-) tranquilos que non sempre irá chover. A ver, esta mensaxe é só para informar de por onde estou, e a ver se evitamos duplicación de esforzos: (Estou a traballar sobre unha copia de traballo do repositorio l10n-kde4/templates anovada o venres ás 0900 LT da mañá.)
Toquei todas as seccións excepto: -kdebase -koffice -kdeedu -kdepim -Entrei onte en kdelibs, e se non se me dí o contrario, farei unha revisión liña por liña de todos os ficheiros. -Están recoñecidamente incompletas: extragear-graphics e kdemultimedia, mais moitos ficheiros foron revisados. -O resto, excepto kopete, kftpgrabber, libkdcraw (± non lembro ven o nome) está moi aproximadamente completado. --Kopete está nas maos de miguel. A última versión empaquetada e entregada a xgf é anterior ao venres, correspóndese moi aproximadamente con alpha2 (anovei a copia de traballo aos poucos días de ser publicada). Como de costume, perdín a referencia de que ficheiros toquei durante a fin de semana, así que a próxima entrega que faga (apartir do día 2007-08-06) voltará a ser unha monstruosidade. Laméntoo. Estou a usar a norma oficial 2003 até onde me permite o estómago. -- Best regards MV ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
pgpeyXuePcRya.pgp
Description: PGP signature

