Boas:
Antón Méixome escribiu:
2009/7/18 damufo <dam...@gmail.com <mailto:dam...@gmail.com>>
Miguel Branco escribiu:
O Sábado, 18 de Xullo de 2009 14:08:20 Antón Méixome escribiu:
1 e 2. Fixen unha revisión que quería ser só lingüística
(erratas)
abofé, revisaches si. Agradécese. Mal que me pese non ver
nin 'tódolos' senón 'todos os' etc e nin ve-lo segundo
artigo :( IMO, unha ultraxe á fonética galega
pero tiven que entrar en moitos detalles polo que envío
o proxecto de
estatutos con control de cambios para que se poidan ver.
intelixentes cambios. Recoméndolle ós demais que lle voten
un ollo xq hai cambios nos fins da asociación!!.Por min
acéptanse todos.
Hai una proposición que penso que é polémica. A min non me
supón problema ningún pero poida que o sexa para outros:
"Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa
oficial do galego sen prexuízo de se crearen e acolleren
distintas versións dos recursos tamén noutras normas
lingüísticas alternativas. "
vós diredes.
Aínda non lle botei ollada aos estatutos pero penso que isto sobra.
"Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa
oficial do galego
sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas
versións dos recursos tamén noutras normas lingüísticas
alternativas. "
Eu son da opinión de que o que fai decide igual que o que
traduce decide a normativa.
-Pretendemos facer traducións oficiais. Será difícil conxeniar ser
equipo oficial de referencia se as nosas traducións, por baixa
calidade ou por non normativas non poden ser asumidas por usuarios e
entidades galegas. Non queremos iso.
Non penso que sea bo mesturar usar outra normativa con calidade.
Penso que se pode estar en normativa oficial mellor pero se non é así
penso que é mellor que estea en galego (na normativa que sexa) antes de
non estar traducido.
-Se pretendemos elaborar terminoloxía estable, multiproxecto,
multiversión, multitradutor... hai que superar o estadio o excesivo
individualismo. Unha cousa é o estilo, os neoloxismos e outra a
ortografía, a gramática e o dicionario. Para ter un rexistro técnico
informático en galego cómpre superar o estadio "dialectal" da
localización, como en calquera idioma. Queremos iso.
concordo
-A inclusión dese parágrafo ten o obxectivo de evitar discusións e
cuestionamentos futuros. Non é o mesmo localizar en romeno ou en
francés que facelo en galego. Se non hai norma de referencia non
pode haber procesos de revisión, nin coordinación de grandes
proxectos. E xa non digamos correctores ortográficos.
Incluso entidades análogas como Softcatalá ou softastur teñen
establecidas as súas referencias lingüísticas. Pode parecerme ben
retiralo dos estatutos, se queredes non a nivel de Estatutos pero si
de guía de estilo oficial. Facer esa inclusión, no sentido en que
está escrita, non debería ser polémico, non impide colaborar a
ninguén pero si facilita centrarse no que debe ser o esforzo
fundamental.
Estou de acordo en indicar que é preferente ou preferíbel o uso do
galego normativo máis penso que hase dar liberdade no que respecta a
traducións, se un quere traducir algo en normativa non oficial que o faga.
- Pretende recoller a mellor e máis tolerante tradición de
tradutores históricos como Ramón Flores
(http://ispell-gl.sourceforge.net/). Lembrade por exemplo que xa se
abandonou a normativa de mínimos, mentres aparece hoxe claramente a
opción de usar o padrón portugués tras o acordo ortográfico luso
(si, tamén eles).
Permítome recordar que Trasno xa aplica exactamente esta política
lingüística:
===
http://www.trasno.net/trasno:estilo
-Sobre a normativa
A maioría dos que colaboramos no proxecto somos informáticos, non
lingüistas, e pensamos que non temos autoridade dabondo para opinar
sobre a lingua, ou innovar sobre a normativa a empregar. É por iso
polo que utilizamos a normativa oficial, que nos permite chegar á
maior parte dos usuarios do galego, e que é a mellor solución en
canto ó material de consulta dispoñible (dicionarios, normas
ortográficas...). Polo tanto, tenta por favor evitar calquera
discusión sobre o tema na lista de correo, xa que non vai levar a
ningures.
Por outra banda, hai xente que segue a preferir utilizar outras
normativas. Malia que algunhas desas traducións estean distribuídas
nas versións oficiais, aquí recollémolas na sección de Outras
Normativas. Nas seccións correspondentes poñemos unha adaptación á
normativa oficial. As razóns son evitar unha mestura de diferentes
normativas, e facilitar tarefas como a comprobación e revisión das
traducións.
En canto ás variantes que permite a normativa oficial (ó/ao,
dende/desde, segunda forma do artigo, etc...), obviamente non hai
ningunha restrición, e cada un é libre de escoller o que queira.
Limitámonos a transmitir a recomendación do ILG de utilizar a
terminación -ble no canto de -bel, por ser aquela máis próxima á
fala. Lembra de calquera xeito que debes tentar ser homoxéneo coa
túa escolla ó longo da tradución.
=====
Concordo co que di a wiki
Ata agora só era un apartado nun wiki, pero agora Trasno será unha
asociación -existencia legal- e non é o mesmo actuar individualmente
a facelo como grupo (autocontrol e control grupal).
Nos aspectos prácticos da Asociación,se nalgún momento se solicita
unha subvención ou se asina un convenio haberá que entregar copia
dos estatutos, establecer compromisos, etc. e considero que é mellor
que iso vaia xa nos estatutos que obrigar ao futuro secretario e
presidente a ter que andar facendo certificados de adecuación á
normativa ou meténdoos en compromisos cos socios. Non hai por que
asustarse para nada, a amplitude do que son as fontes "normativas" é
bastante ampla, como todos sabedes.
Concordo e penso que a comunicación e documentación da asociación ha de
ir en normativa oficial, isto non é tradución.
Desculpade por ser tocapelotas con isto, pensei que era obvio porque
é a tradición e a tendencia xeral dos membros de Trasno: hai cousas
que agora vai facer Trasno, como grupo e entidade, e as persoas que
actúen no seu nome teñen que ter as cousas simples e claras.
Non hai nada que desculpar, penso que está ben falar disto.
Quero recalcar, que a documentación da asociación así como as
comunicacións, penso que teñen que ir en normativa oficial e as
traducións dos aplicactivos preferentemente en normativa oficial tamén e
así se pode indicar pero se alguén quere facer versión en outra
normativa penso que se lle ha de dar liberdade e se hai un aplicativo
que non está traducido e o único que está disposto a traducilo faino
noutra normativa penso que se hase deixar facelo. Penso que mellor en
galego (da normativa que sexa) que deixar sen traducir.
Lembro ver no entrans de ciberirmandade a tradución do mesmo aplicativo
un en versión RAG e outro en AGAL e non pasa nada.
A realidade é que penso que incluso o que prefire outra normativa
distinta á oficial neste momento vai dar prioridade e traducirá en RAG,
temos máis dun exemplo en trasno.
Pensádeo,
Apertas,
Antón
Apertas
--
damufo