> > -Pretendemos facer traducións oficiais. Será difícil conxeniar ser equipo
> > oficial de referencia se as nosas traducións, por baixa calidade ou por
> > non normativas non poden ser asumidas por usuarios e entidades galegas.
> > Non queremos iso.[...]

Non podería estar máis de acordo contigo. A miña opinión sobre da norma no 
estatuto é que podería limitar a inclusión de persoas ó proxecto por ver ese 
punto coma restritivo. Eu dende logo non teño motivos para me opoñer á 
inclusión, de todas todas. Igualmente podería ir recollido nas guías de 
estilo.

> > -Sobre a normativa

Ben, sobre das normativas. E que non se me enfade ninguén. Pero moitos, e falo 
en xeral, non aplican nin unha nin outra normativa senón que deciden escoller 
a vontade solucións que lles cae máis en gracia. Por exemplo, aqueles que de 
facto aplican a RAG pero deciden aleatoriamente rematar as cousas en -zon: 
reproduzón, navegazón, visualizazón (exemplos reais dun reprodutor de vídeo 
que non mencionarei)... Entendo que se pode preferir a norma AGAL á RAG pero 
facer híbridos...

Fas un bo apuntamento, e que a norma de mínimos esta extinta trala norma do 
2003. Non hai ningunha das grandes entidades que a apoiaran que actualmente 
non decidiran reincorporarse á norma do 2003. Polo menos iso é o que eu 
entendo que está a pasar.


> > Nos aspectos prácticos da Asociación,se nalgún momento se solicita unha
> > subvención ou se asina un convenio haberá que entregar copia dos
> > estatutos, establecer compromisos, etc. e considero que é mellor que iso
> > vaia xa nos estatutos que obrigar ao futuro secretario e presidente a ter
> > que andar facendo certificados de adecuación á normativa ou meténdoos en
> > compromisos cos socios. Non hai por que asustarse para nada, a amplitude
> > do que son as fontes "normativas" é bastante ampla, como todos sabedes.

bo motivo 

Responderlle a