O Domingo, 19 de Xullo de 2009 15:01:58 damufo escribiu:
> Boas:
> Xa lin os estatutos (por enriba)
> Recoñecendo que é manía persoal, prefiro blogue/blogues a blog/blogs
> igual que clube/clubes a club/clubs. Isto é só un comentario.

idem, inda que penso que a norma RAG non di isto pois penso que considera club 
et al como extranxeirismos a tódolos efectos. Non é?

> suspendaranse -> suspenderanse
> proxectoe?? (isto está ao final, no penúltimo parágrafo)

corrixido

> Cando se fala do que substitúe ao presidente, temos vicepresidente?

Non hai vicepresi, iso foi o que votamos: Hai presidente, secretario e 
tesoureiro. O presidente quedaría substituído polo secretario e o secretario 
polo cuarto (e que non pertence a directiva) que saíra nas votacións da 
elección de presidente. Incluir vicepresidente supón ter catro cargos e agora 
mesmo parece demasiado, IMO. Se se vos ocorre outra mellor solución para 
substituir ós membros da directiva en caso de vacante sen incluír un 
presidente, comentádeo. 

> "Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o
> substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade."

penso que isto xa o eliminei, revisareino e eliminareino

> Se o voto é secreto, como se controla isto?
> "a unha primeira quenda de votación na que o asociado vota por calquera
> outro asociado, agás os que teñan condición de patrocinadores, xuvenís
> ou por si mesmo; " eu quitaría o de "votar por si mesmo"
tamén tes razón, sobraría.

> Que pasa se na primeira volta un candidato ten maioría de votos??
> Penso que habería que pór no que non hai segunda volta. Non lle vexo
> sentido.

A primeira volta sería coma unha escolma de candidatos,na segunda os que 
saíran poden decidir se presentarse ou non. Así evitamos que haxa que 
presentar listas ou candidatarse... É algo similar ó que se fai en debian, 
fedora... para as votacións

Poñamos que esa maioría é 1 40%, 2 20% etc, sen segunda volta o 1 sairía 
presidente: igual cunha segunda volta non sairía se é unha figura polarizante 
e podería saír o 2 por se aglutiraren o resto de votos nel (vd. Sarkozy, Le 
Pen). Se hai un candidato que ten moito apoio, a segunda volta será un 
requisito e non sobra.

> Por outra banda penso que se ha de elixir entre os 2 máis votados para
> procurar maiorías e non entre os catro máis votados.

o de catro está para que queden determinados a xente da directiva e quen faga 
as vacantes. Se optarásemos por un modelo presidencialista, si. Sae o 
presidente e logo el elixe a directiva. Pero xa digo que votamos nesa 
minienquisa que fixera outra cousa.


> Sego a pensar que a directiva tiña que elixila o presidente. De todos os
> xeitos se queredes, o secretario (controlador do presidente) que o elixa
> a asemblea pero o/s demais cargos que o elixa o presidente. Sigo a
> pensar que se o presidente non elixe equipo eu non lle podo pedir
> responsabilidades.

Posición moi lexítima. De todos xeitos, redactei o modelo de elección así 
pensando un pouco en todos. Como o presidente só pode elixir entre os que máis 
votos tiveran, a directiva non son os 'amigos do presidente' senón que poden 
ser calquera. Inda así, o presidente ten que nomear dou cargos (secretario e 
tesoureiro) entre tres persoas, así que ten unha marxe de elección, mínima 
pero que lle permite excluír a alguén con quen non poida/queira traballar. 
Penso que non é unha mala solución para avir a túa solución con outras que se 
fixeron.

De todos xeitos, se preferides cambiala, non habería problema. Propoñede 
alternativas e valoramos. 

Responderlle a