> 2009/7/18 damufo <dam...@gmail.com>
>
>>
>>
>> Miguel Branco escribiu:
>>
>>> O Sábado, 18 de Xullo de 2009 14:08:20 Antón Méixome escribiu:
>>>
>>>> 1 e 2. Fixen unha revisión que quería ser só lingüística (erratas)
>>>>
>>> abofé, revisaches si. Agradécese. Mal que me pese non ver nin 'tódolos'
>>> senón 'todos os' etc e nin ve-lo segundo artigo :(  IMO, unha ultraxe á
>>> fonética galega
>>>
>>>  pero tiven que entrar en moitos detalles polo que envío o proxecto de
>>>>
>>> estatutos con control de cambios para que se poidan ver.
>>>
>>> intelixentes cambios. Recoméndolle ós demais que lle voten un ollo xq hai
>>> cambios  nos fins da asociación!!.Por min acéptanse todos.
>>> Hai una proposición que penso que é polémica. A min non me supón problema
>>> ningún pero poida que o sexa para outros:
>>>
>>> "Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa oficial do
>>> galego sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas versións dos
>>> recursos tamén noutras normas lingüísticas alternativas. "
>>>
>>> vós diredes.
>>>
>>
>> Aínda non lle botei ollada aos estatutos pero penso que isto sobra.
>>
>>> "Para as actividades da asociación, utilizarase a Normativa oficial do
>>> galego
>>>
>>>> sen prexuízo de se crearen e acolleren distintas versións dos recursos
>>>> tamén noutras normas lingüísticas alternativas. "
>>>>
>>> Eu son da opinión de que o que fai decide igual que o que traduce decide
>> a normativa.
>
>
>
> -Pretendemos facer traducións oficiais. Será difícil conxeniar ser equipo
> oficial de referencia se as nosas traducións, por baixa calidade ou por non
> normativas non poden ser asumidas por usuarios e entidades galegas. Non
> queremos iso.
>
> -Se pretendemos elaborar terminoloxía estable, multiproxecto, multiversión,
> multitradutor... hai que superar o estadio o excesivo individualismo. Unha
> cousa é o estilo, os neoloxismos e outra a ortografía, a gramática e o
> dicionario. Para ter un rexistro técnico informático en galego cómpre
> superar o estadio "dialectal" da localización, como en calquera idioma.
> Queremos iso.
>
> -A inclusión dese parágrafo ten o obxectivo de evitar discusións e
> cuestionamentos futuros. Non é o mesmo localizar en romeno ou en francés que
> facelo en galego. Se non hai norma de referencia non pode haber procesos de
> revisión, nin coordinación de grandes proxectos. E xa non digamos
> correctores ortográficos.
>     Incluso entidades análogas como Softcatalá ou softastur teñen
> establecidas as súas referencias lingüísticas. Pode parecerme ben retiralo
> dos estatutos, se queredes non a nivel de Estatutos pero si de guía de
> estilo oficial. Facer esa inclusión, no sentido en que está escrita, non
> debería ser polémico, non impide colaborar a ninguén pero si facilita
> centrarse no que debe ser o esforzo fundamental.
>
> - Pretende recoller a mellor e máis tolerante tradición de tradutores
> históricos como Ramón Flores (http://ispell-gl.sourceforge.net/). Lembrade
> por exemplo que xa se abandonou a normativa de mínimos, mentres aparece hoxe
> claramente a opción de usar o padrón portugués tras o acordo ortográfico
> luso (si, tamén eles).
>
> Permítome recordar que Trasno xa aplica exactamente esta política
> lingüística:
> ===
> http://www.trasno.net/trasno:estilo
>
> -Sobre a normativa
>
> A maioría dos que colaboramos no proxecto somos informáticos, non
> lingüistas, e pensamos que non temos autoridade dabondo para opinar sobre a
> lingua, ou innovar sobre a normativa a empregar. É por iso polo que
> utilizamos a normativa oficial, que nos permite chegar á maior parte dos
> usuarios do galego, e que é a mellor solución en canto ó material de
> consulta dispoñible (dicionarios, normas ortográficas...). Polo tanto, tenta
> por favor evitar calquera discusión sobre o tema na lista de correo, xa que
> non vai levar a ningures.
>
> Por outra banda, hai xente que segue a preferir utilizar outras normativas.
> Malia que algunhas desas traducións estean distribuídas nas versións
> oficiais, aquí recollémolas na sección de Outras Normativas. Nas seccións
> correspondentes poñemos unha adaptación á normativa oficial. As razóns son
> evitar unha mestura de diferentes normativas, e facilitar tarefas como a
> comprobación e revisión das traducións.
>
> En canto ás variantes que permite a normativa oficial (ó/ao, dende/desde,
> segunda forma do artigo, etc...), obviamente non hai ningunha restrición, e
> cada un é libre de escoller o que queira. Limitámonos a transmitir a
> recomendación do ILG de utilizar a terminación -ble no canto de -bel, por
> ser aquela máis próxima á fala. Lembra de calquera xeito que debes tentar
> ser homoxéneo coa túa escolla ó longo da tradución.
> =====
>
> Ata agora só era un apartado nun wiki, pero agora Trasno será unha
> asociación -existencia legal- e non é o mesmo actuar individualmente a
> facelo como grupo (autocontrol e control grupal).
>
> Nos aspectos prácticos da Asociación,se nalgún momento se solicita unha
> subvención ou se asina un convenio haberá que entregar copia dos estatutos,
> establecer compromisos, etc. e considero que é mellor que iso vaia xa nos
> estatutos que obrigar ao futuro secretario e presidente a ter que andar
> facendo certificados de adecuación á normativa ou meténdoos en compromisos
> cos socios. Non hai por que asustarse para nada, a amplitude do que son as
> fontes "normativas" é bastante ampla, como todos sabedes.
>
> Desculpade por ser tocapelotas con isto, pensei que era obvio porque é a
> tradición e a tendencia xeral dos membros de Trasno: hai cousas que agora
> vai facer Trasno, como grupo e entidade, e as persoas que actúen no seu nome
> teñen que ter as cousas simples e claras.
>
> Pensádeo,
>
> Apertas,
>
> Antón
>

Responderlle a