Boas:
Xa lin os estatutos (por enriba)
Recoñecendo que é manía persoal, prefiro blogue/blogues a blog/blogs
igual que clube/clubes a club/clubs. Isto é só un comentario.
suspendaranse -> suspenderanse
proxectoe?? (isto está ao final, no penúltimo parágrafo)
Cando se fala do que substitúe ao presidente, temos vicepresidente?
"Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o
substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade."
Se o voto é secreto, como se controla isto?
"a unha primeira quenda de votación na que o asociado vota por calquera
outro asociado, agás os que teñan condición de patrocinadores, xuvenís
ou por si mesmo; " eu quitaría o de "votar por si mesmo"
Que pasa se na primeira volta un candidato ten maioría de votos??
Penso que habería que pór no que non hai segunda volta. Non lle vexo
sentido.
Por outra banda penso que se ha de elixir entre os 2 máis votados para
procurar maiorías e non entre os catro máis votados.
Sego a pensar que a directiva tiña que elixila o presidente. De todos os
xeitos se queredes, o secretario (controlador do presidente) que o elixa
a asemblea pero o/s demais cargos que o elixa o presidente. Sigo a
pensar que se o presidente non elixe equipo eu non lle podo pedir
responsabilidades.
abur
--
damufo
Antón Méixome escribiu:
1 e 2. Fixen unha revisión que quería ser só lingüística (erratas) pero
tiven que entrar en moitos detalles polo que envío o proxecto de
estatutos con control de cambios para que se poidan ver.
As erratas ou correccións obvias van simplemente corrixidas. Os cambios
propostos van ademais marcados con cor. Hai bastantes detalles tocado
pero o cambio máis importante é a necesaria distinción de situacións en
que unha persoa ou entidade actúa como socio e cando non. Debido ao
sector no que se inscriben as actividades vai ser totalmente inevitable
que ás veces coincida a faceta profesional e a altruísta. Con deixalo
claro soluciónase facilmente.
3. Propoño a primeira semana de setembro para a Asemblea constituínte
Finalmente, creo que hai un problema co calendario previsto respecto das
Asembleas e o traballo do futuro tesoureiro. Non vexo como se vai casar
que as Asembleas sexan entre outubro de decembro mentres os informes
económicos se fagan a principios de xaneiro ou ben 15 días antes da
asemblea ordinaria. Para min que é contraditorio.
Gran traballo o de Miguel
Saúde,
Antón
2009/7/17 Miguel Branco <bandu...@gmail.com <mailto:bandu...@gmail.com>>
Teño unha proposta final de estatuto.
Hai modificacións importantes que se deben a adecuarse ao que
debatemos e
votamos e algunha variación para mellorar a claridade expositiva ou a
precisión.
Perdoade o longo e pesado da mensaxe :)
Dou conta :
1º, dos resultados da votación que propuxen,
2º, dos cambios importantes
3º dos porqués das modificacións
4º nota persoal
e pídovos que:
1º digades se hai algo que quirades cambiar,algo que obxectar....
2º avisarades de erratas
3º propuxerades data para a asemblea
__________ Resultados das votacións __________________________
== Directiva Xeral:
1 presidente, 1 secretario 1 tesoureiro: Dani, Marce, Xosé
1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro, vogais a vontade: Leandro, M.
Bouzada, Eu
== Duración dos cargos:
cada dous anos, igual duración: todos
== Método de elección da directiva:
*Lista pechada/Presidente por elección directa, elixe directiva: Xosé
*a asemblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o
presidente
que nomea a directiva, a asemblea ratifica a nova directiva: Dani
*a asemblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas
entran na
directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o
presidente.
O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na primeira
volta.: Marce, Leandro, Eu
* asemblea vota persoas, individualmente, as máis votadas entran na
directiva
por orde de importancia (presidente > vicepresidente >...): M. Bouzada
== Actas:
Na mesma sesión: Xosé, M. Bouzada, Dani (indif) ,Eu
Na seguinte sesión: Marce, Leandro, Dani (indif)
== Votación electrónica:
Só en asemblea ordinaria: Dani, Marce, M. Bouzada, Xosé, Eu
Tamén en asemblea extraordinaria: Leandro
__________ Cambios importantes ______________________________
Capítulo I.
Corrección da denominación (art. 1)
Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar soporte
(art.
5.1.v & 5.2.vi <http://5.2.vi>)
Capítulo II.
Reincorporase o asociado xuvenil
Capítulo III.
Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro
(art. 11)
Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3)
Establecese o método de elección da directiva xeral e de como cubrir as
vacantes (art. 12.4 & 13.3)
Márcase como función da directiva certificar as signaturas electrónicas
corresponden con un asociado (art .14.ix)
Establecese a 'delegación de voto' (art. 25)
Capitulo IV-VI
(sen cambios)
____________ Razoamentos das modificacións _________________
Capítulo I.
**Corrección da denominación (art. 1)
'Proxecto trasno' é a denominación que se empregou inicialmente.
Especifícase
o ámbito (cultural) e a actividade (localización de software libre
ao galego).
Se alguén se lle ocorre como abrevialo ;)
**Engádese a posibilidade de desenvolver software libre e dar
soporte (art.
5.1.v & 5.2.vi <http://5.2.vi>)
A proposta de Marce, discutido no fío de Maio
Capítulo II.
**Reincorporase o asociado xuvenil
Eliminárao inicialmente, reincorpóroo por se houber menores de
idade, que
necesariamente teñen que ser excluídos da directiva xeral. Descoñezo
se é
obrigado ter este apartado, así que por se acaso, vai incluido.
Capítulo III.
**Adaptación a unha estrutura: presidente, secretario, tesoureiro
(art. 11)
Votamos case por igual esta proposta e a de incorporar vogais. Como nos
seguintes artigos se establece que a directiva xeral pode formar
comisións a
efectos de delegación de actividades, fago de abogado do demo e
entendo que
non é necesario incorporar vogais.
O grande problema desta proposta é que hai que eliminar a figura de
'vicepresidente' e así o fixen. Como a directiva ten, por lei, que estar
sempre composta por un mínimo de3 persoas, busquei a maneira de
adecuar isto
con cubrir as vacantes. Tiven que darlle voltas un cacho, non vos
creades ;)
vd. seguintes puntos.
**Establecese o método de elección de presidente (art. 12.3)
A proposta máis votada fora a f. Pero dani propoñía outra similar,
M. Bouzada
prefería que os cargos quedasen determinados por unha primeira volta
por orde
de importancia, e Xosé que era partidario de lista pechadas ou
similar. En
fin.
Redactei o punto en base a proposta (f) e establecendo un xeito de
resolver o
problema de eliminar o vicepresidente e cubrir as vacantes. Así que
a proposta
son dúas quendas de votacións, unha de 'escolma' de candidatos e outra
'segunda volta' á francesa para determinar a posición dos
candidatos. Nótese
que considero que poden darse empates, algo agora mesmo previsible
cun número
baixo de 'socios'. Votación segreda en 'urna' da que quedan excluídos os
xuvenís (menores de 18) e os patrocinadores (misión: evitar
influencia de
empresas na elección da directiva)
**Establecese o método de elección da directiva xeral e de como
cubrir as
vacantes (art. 12.4 & 13.3)
No método de elección do presidente inclúo o de que o escolla entre
os que
entran na segunda ronda (que son tantos coma cargos na directiva +
1) quen é
na directiva para conxugar aquilo de se o presidente se leva mal con
alguén
etc coa 'vontade popular'. Os que entran na segunda volta son
catro, para que
sobre alguén. (Un é o presidente, que elixe quen dos outros tres é o
secretario e o tesoureiro e sobra un ).Con isto queda un alguén
definido por
se houbera que cubrir vacantes na directiva xeral. Non sería calquera, é
alguén específico que obtivo votos na elección.
Logo, determino que quen faga de 'vicepresidente' sexa o secretario
(paréceme
o lóxico 2º posto nunha directiva a 3), e que o posto que este deixa
libre
temporalmente o cubra ese 'cuarto' nas votacións. Penso que non
tería sentido
que cubrise o posto de presidente ese cuarto.
**Márcase como función da directiva certificar as signaturas
electrónicas
corresponden con un asociado (art .14.ix)
Paréceme importante dabondo como para que vaia nos estatutos. A
alguén lle
haberá quen reclamar se existen votos duplicados etc
**Establecese a 'delegación de voto' (art. 25)
Preguntei algo que non tiña sentido: o de cando permitir a
delegación de voto.
A pregunta sería: para qué permitir a delegación de voto. Pódese
delegar voto
para elixir presidente?. Isto darase habitualmente nas asembleas
ordinarias,
excepcionalmente nas extraordinarias. Así que aquí volvo a facer de
avogado do
demo. Marco que se pode delegar voto comunicándollo ó secretario
(para que
anote o voto) e facéndoo público, caso de realizar as asembleas
presencialmente, con antelación e sempre que o que se vota non sexa algo
ambiguo. Para votacións ordinarias isto supoño que é suficiente.
-ie. Migramos
a web a drupal? si, non... Pagámoslle o gasoil ó preside cando vaia
de marcha?
non!!... Enténdeseme, non?.
Caso da elección do presidente/directiva é diferente. O que fixen
foi dicir
que se si podería por correo enviando:
- un sobre co nome, nº de asociado... (identificador do asociado)
- un sobre dentro do outro sen identificación co voto por x persoa
- ábrese o 1º sobre no momento da 1º quenda de votación
- rexistrase, vota fulanito de tal, e o sobre co voto que o acompaña
ponse a
canda os demais
- compútanse tódolos votos por igual
Se o voto se entende como segrego só pode valer isto para a 1º quenda de
votación.
::Notas::
O estatuto tal como está é bastante ríxido e específico. Pode
parecer excesivo
na redacción pero penso que é o mellor para evitar problemas por non
establecer determinadas cousas. Por exemplo, no modelo de estatuto
NON se
especifica como escoller a directiva. Só se di que se escolle en
asemblea
xeral. Neste estatuto especifícariase ata como resolver empates.
Paréceme
conveniente.
Logo, tomando como refente ós estatutos de KDE ev. e Gnome foundation,
introducira o 'patrocinador' con voz pero sen voto: isto está
pensado para
evitar que a asociación a dirixa 'x' empresa interesada etc. Que
conste que
non penso en ninguén en concreto pero hai que pensar na posibilidade.
Xa vos contarei a que cousas lle teño botado o ollo para trasno.net
<http://trasno.net> 2.0 ;)
sen máis, vós diredes!
ala!, marcho de parranda!!