Pois vou intentar documentalo pero así en plan espontáneo dígoche - seguranza tampouco ten nada malo. Miña nai é o que emprega sempre, e nunca seguridade: hai que estar seguro, non ten seguranza ningunha, etc. Para min unha garantía ao nivel dun estudo de doutoramento. - No 2003 produciuse unha cousa que se chamou Normativa de concordia, e entre as palabras que saíron gañando co cambio está "seguranza" fronte a seguridade. - Mentres seguranza é unha palabra clarisimamente patrimonial e documentada de moi antigo, seguridade é un semicultismo normal que foi gañando terreo case seguro pola influenza do castelán. - E finalmente o que di Vítor, e en relación con todo o anterior, por harmonía co portugués,
E si, como dixo damufo noutro fío, na rolda de g11n, eu tamén opino que a localización ten que ter algo de risco e pedagoxía, restauración, porque se nos pegamos demasiado ao uso de hoxe en día, entón veñen para "dentro" centos de interferencias do castelán. 2009/10/9 Leandro Regueiro <[email protected]>: >>> A todo isto, se onde saÃu o de "seguranza"? >>> >> >> Suponho que de 'segurança': http://www.estraviz.org/seguran%C3%A7a >> >> :) > > Pero sabendo que seguridade é un sinónimo perfectamente válido e que é > a forma máis usada das dúas, por que se optou por "seguranza"? Quizais > debín ter formulado a pregunta así, perdoade. > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

