Ola, non sei se é cousa vosa ou de que, pero as vosas respostas a
miúdo crean novos fíos o que dificulta un chisco seguir a lectura.
Dita esta obviedade comento:

> - Consenso. Se esa asociación quere acoller a toda a localización galega,
>  lóxicamente os estatutos deben ser alargados a toda a comunidade para
>  discutilos nun proceso aberto e transparente de modo que conxuntamente,
>  sen exclusións, poidamos todos e todas estar presentes. Porén, o que
>  entendo do teu correo é que na rolda de Trasno acordastes uns estatutos
>  que agora vades asinar a toda presa, o que sería un erro pois nese caso
>  esa asociación só representaría a Trasno e non a toda a comunidade.
>  Fíxate que cuestións como o nome, si se queren recibir subvencións ou non,
>  si se restrinxe só ao software libre, código aberto ou tamén privativo,
>  quen ocupará qué cargos... todas estas escollas deben responder a unha
>  decisión colectiva que responda ao acordo de todas as partes involucradas e
>  non só dunha delas. O meu consello é claro: non vos precipitedes, hai tempo,
>  o apropiado é falar as cousas abertamente e involucrando a toda xente
>  concernida; do contrario corredes o risco de provocar a división da
>  comunidade e a ruptura dos consensos do g11n. Creo que o risco non
>  compensa.

Nin os estatutos se fixeron en privado (calquera puido participar de
forma aberta e transparente), nin se discutiron de hoxe para mañá
(levamos meses con isto), nin se van asinar ás présas (acordouse por
maioría dos participantes na discusión de hai unha semana un día, unha
hora e un lugar para que puidera asistir a maioría da xente
interesada), e discutíronse todos os puntos que mencionas de forma
aberta, transparente e colaborativa e durante un longo periodo de
semanas na cal participou xente sen exclusión ningunha (quitando os
que se autoexcluiron).

Respecto ao da división, é discutible xa que creamos a asociación para
poder xuntar e axudar mellor aos tradutores voluntarios, aínda que a
xente sempre irá por libre. Respecto da ruptura dos consensos non sei
de que falas, se puideras explicarte un pouco mellor...

> - Necesidade. Vou fazer de avogado do diaño: xa temos unha asociación que
>  traballa neste eido, que ademais ten o mérito de ser a organización que máis
>  tempo leva traballando en galeguización na rede e que ofreceu os seus 
> recursos
>  para o que a comunidade precise, deixando moi claro ademais que o principal
>  beneficiario sería Trasno. Entón, se xa podemos contar coa Ciberirmandade:
>  cal sería exactamente a necesidade de crear unha nova asociación? Ou por
>  sermos prácticos: qué problema resolve exactamente a creación dunha nova
>  asociación? E pregunto esto poñendo por diante que eu son claramente
>  favorabel ao asociacionismo -e sabes ben que eu mesmo che insistín e moito
>  tanto no g11n como no carballiño para que vos asociarades, e por suposto
>  que apoio que os de Trasno vos asociedes. Tamén sería bó saber: por qué
>  unha asociación e non unha fundación por exemplo? Estas tamén son cousas
>  que necesariamente teñen que ser discutidas por toda a comunidade, non só
>  por Trasno.

Discutiuse bastante sobre por que non converter a Trasno en parte da
Ciberirmandade e foi por varias razóns, e disto xa hai meses. Do mesmo
xeito baralláronse diferentes LUGs e descartáronse por razóns iguais
ou parecidas. Este feito evidentemente implica que terá que haber
outra asociación que se ocupe disto se é queremos ter unha asociación
que dea certo amparo ás nosas actividades. E como xa dixen tamén se
discutiron as outras cousas que mencionas de forma aberta,
colaborativa e transparente sen ningunha exclusión.

Dis que apoias o asociacionismo e que puxaches para que nos
asociaramos, facémolo e agora preguntas por que o facemos?. Non ves
isto un pouco incongruente? Quizais entendín mal, outra vez mais, e se
puideras explicárnolo un pouco mellor quedarianos a todos máis claro
todo isto.

Por outra banda, que entendes por comunidade e que entendes por
Trasno?, quizais nisto estea boa parte da confusión.

> En resumo: todo o meu apoio a calquera iniciativa, e se promove o
> asociacionismo mellor. Como polo que dis o proxecto aínda o tedes nunha fase
> moi embrionaria, estamos a tempo de resolver o principal problema que é o do
> consenso: quedamos pendentes entón de que publiquedes ese rascuño de
> estatutos para dar comezo á posta en común e discutilos abertamente entre
> todos.

Eu non diría que estean en fase embrionaria cando xa levamos
discutindo varios meses os estatutos.

> Polo demais, respondendo xa ás túas perguntas, non hai presa nengunha;
> estamos
> seguindo un proceso ordenado (e aberto) iniciado nesta rolda hai máis de seis
> meses para proveer unha infraestructura independente que poida sustituir á que
> viña proveendo a Xunta, pero sobre todo que nos permita avanzar nos acordos do
> g11n: alomenos nos tres proxectos que eu coordeno (Mozilla, OO.org e GNOME)
> esto é imprescindibel para garantir tanto a súa calidade como sobre todo a súa
> sustentabilidade no meio-longo prazo. O único que sí era urxente era evitar 
> que
> o proceso de desmantelamento de Mancomún ocasionara a perda dos datos e da
> comunicación; máis grazas ao ofrecemento da Ciberirmandade eso quedou
> resolto:
> xa temos a rolda alternativa e xa iniciamos o proceso de copia de seguranza da
> información pública; na xuntanza de hoxe imos facer avaliación do traballo de
> cada un de nós e ver cómo continuamos.

Non entendo por que tendo a rolda de Trasno se foi crear outra. Vexo
unha duplicidade de recursos na parte do voluntariado, a cal xa se
discutira cando se creou a rolda de Mancomun, e que ao final se
aceptara como punto de encontro entre empresas, administración e
voluntariado.

Por outra banda nós seguimos un proceso que comezou hai uns 11 meses
xa, despois do cal teremos unha asociación que poida representar ao
voluntariado tradutor de SL, darlle amparo, axuda, e unha chea de
cousas máis, sen limitar ningunha das liberdades actuais. Chegados a
este punto tendo que escoller entre a Ciberirmandade e Trasno, sendo
Trasno unha asociación creada ex profeso para isto e máis centrada
nisto (isto vén sendo a tradución ao galego de SL, máis ou menos)
coido que o lóxico sería que Trasno se debería ocupar de coller os
proxectos referentes á tradución que levaba Mancomún (ou cando menos
boa parte deles).

Embaixo respostas a Minhoca.

> Chegou o cambio de goberno e comezaron as primeiras manobras de
> desmantelamento de mancomún. A nosa reacción foi a de facer ruido (e
> algún houbo), mais no mundo da tradución non houbo reacción (mais que
> unha carta). Entón, ante a parálise, ofrecimos pagar do noso peto un
> servidor (e mais se fan falla) para que o mundo da tradución siga vivo.

Si houbo reacción. Houbo reacción de xeito individual xa que o que non
se pode agardar é que fagamos un comunicado como asociación ou algo
polo estilo sen haber asociación. Lembro que Mancomún nun principio
non contactou con Trasno por non ser asociación. Esta é unha das
razóns polas que imos constituír a asociación, para poder parlamentar
ca administración e que non pasen de nós como se nada.

> Veña, deixemonos de batallas e poñamonos a remar todos xuntos. Eu
> estarei hoxe na facultade de filoloxía e convido a quenes poidan asistir
> a que tamén estean presentes.

Respecto ao de asistir a esa reunión non poderei. Tamén debo dicir que
era pouco probable xa que lin a mensaxe anunciando estas reunións
aínda onte á tardiña, xa que ando falto de tempo.

Vexo que estivo Marce metendo cizaña outra vez :)

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a