2009/10/24 marce <[email protected]>: > Outra dúbida: > «A construción con valor de futuro formada por un substantivo seguido da > preposición 'a' e un verbo en infinitivo é incorrecta en galego. Por favor, > empregue outra expresión alternativa. Por exemplo, no sitio de 'proba a > desenvolver', pode usar 'proba que se desenvolverá' ou 'proba que se vai > desenvolver'; no sitio de 'os obxectivos a conseguir' empregue 'os obxectivos > para conseguir'. Neste caso unha posibilidade podería ser: 'ficheiro que se > vai > abrir.» > > @Méixome: podes der máis detalles disto?
Si, é unha construción incorrecta. Considérase un galicismo "prêt a porter" Debe buscarse a alternativa máis natural acaída a cada caso. Seguindo co exemplo do caldo (é que hoxe toca cocido :-)) Verzas que se van comer / Verzas para comer/ Verzas que se comerán poden ser significados distintos segundo o contexto ou a intención. Verzas a comer é sempre incorrecto. Farei a nota esa > Supoño que non é exactamente o mesmo dicir: > «Ficheiro que se vai abrir» > «Ficheiro para abrir» > «Ficheiro que se abrirá» > ... >

