Entendo que dependerá moito do significado da frase.

Pódese dicir que:
a) non se inseriu nada novo, nin se recoñeceron os que xa estaban inseridos
b) non se inseriu nada (ou ben, inseriuse pero non se recoñece)

No primeiro, habería que poñer "nin". Pero no segundo caso (que penso
que é o máis normal), entendo que sería "ou". Se cadra non lle viñan
mal unhas parénteses á frase, iso di:

Non se inseriu (ou non se recoñece) ningún medio

Ou algo asi, vaia...

2009/10/24, marce <mvillar...@gmail.com>:
> Entón:
>
> Pode
>      "No Media inserted or Media not recognized."
> traducirse como
>      «Non se inseriu ou non se recoñece ningún medio.»
> ?
>
> LT dáme o mesmo erro.
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a