Non sabes a alegría que me das por dous motivos, 1º, que te sumes ó proxecto. E todos andamos igual, con pouco tempo, pero por pouco que sexa suma 2º que sexas usuario de KDE e de openSUSE!, xa somos dous!
Xa che foron indicando moi ben como traducir nestes proxectos. A suse fai falta darlle un empurrón, en KDE tamén, inda que igual non tanto. Decide no que che guste máis. saúdos! O Mércores 28 Outubro 2009 15:52:21 Chema Barcala escribiu: > Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran > iniciativa da que xa me estou a beneficiar como usuario. > > Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas > posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...), > coido poder aportar o meu granciño de area ao proxecto. Estou > especialmente interesado na tradución de openSUSE e KDE, máis que nada > porque é o que uso, e agradeceríavos que me orientásedes sobre o mellor > xeito de comezar. > > Polo momento é todo; un saúdo >

