2009/10/28 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> 1. Instala o Lokalize (estará nos repositorios)
>
> 1'.- Instala subversion ademáis do Lokalize.
>
>> 2. Segue as instrucións do último URL que che escribín (o segundo)
>> 3. E se das seguido as instrucións para descargar os ficheiros para a
>> tradución de KDE á primeira xa me darás mil voltas a min cando comecei :) A
>> partires de aí todo é que lle preguntes a Marce que podes traducir (somos
>> tres, así que seguro que haberá algunha aplicación que uses libre para que a
>> traduzas).
>
> Pois si, se o script trasno_firstime funciona xa non terás aforrado
> poucos problemas.
>
> En Lokalize a memoria de tradución é local: cando teñas cómodo co
> programa mira a documentación para facela.
>
>
> Por poder traducir, para comezar escolle mellor algo do que utilices,
> a ser posíbel un programa destacado (amarok, digikam, ....). Procura
> enviar (me) o traballo que fagas cada semana, aínda que non remates
> cos programas, así direiche se tes algún problema grave cos ficheiros
> ou non,
>
> Procura ter sempre o panel de memoria de tradución, o de glosario, e o
> de diferenzas visíbeis.
>
> e como di Fran, correndo o tempo procura ler algunha guía de estilo
> (recoméndoche que tamén lle votes un ollo á de python ... non, é
> broma)
>
> E benvido.

Benvido.
Xa que Marce nos gañou aos coordinadores de openSuse supoño que te
meterás en KDE, así aforramos o traballo de ter que tutelarte nós :)

O dito: instalar o software necesario e configuralo, ler a
documentación sobre como traducir (guía de estilo), usar a
terminoloxía fixada (polo de agora o glosario de Mancomun e o de
Trasno como apoio), escoller onde traducir e traducir.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a