> 1. Instala o Lokalize (estará nos repositorios) 1'.- Instala subversion ademáis do Lokalize.
> 2. Segue as instrucións do último URL que che escribín (o segundo) > 3. E se das seguido as instrucións para descargar os ficheiros para a > tradución de KDE á primeira xa me darás mil voltas a min cando comecei :) A > partires de aí todo é que lle preguntes a Marce que podes traducir (somos > tres, así que seguro que haberá algunha aplicación que uses libre para que a > traduzas). Pois si, se o script trasno_firstime funciona xa non terás aforrado poucos problemas. En Lokalize a memoria de tradución é local: cando teñas cómodo co programa mira a documentación para facela. Por poder traducir, para comezar escolle mellor algo do que utilices, a ser posíbel un programa destacado (amarok, digikam, ....). Procura enviar (me) o traballo que fagas cada semana, aínda que non remates cos programas, así direiche se tes algún problema grave cos ficheiros ou non, Procura ter sempre o panel de memoria de tradución, o de glosario, e o de diferenzas visíbeis. e como di Fran, correndo o tempo procura ler algunha guía de estilo (recoméndoche que tamén lle votes un ollo á de python ... non, é broma) E benvido.

