> Grazas a todos; estou abraiado da rápida resposta que me brindastes. Non
> adoitaba ler o correo moi a miúdo, pero me dá que vou ter que espabilar para
> seguirvos.

Moitas das cousas que falamos probablemente agora non che interesen.
Hai momentos en que hai máis tráfico na rolda, e estes últimos tempos
a cousa moveuse moitisimo.

> En canto ao proxecto (openSUSE ou KDE), en principio dáme igual. Quizáis me
> chame algo máis KDE, polo de ter máis repercusión (enténdase, máis
> usuarios), pero quero axudar onde máis falta faga; quedo ao que me digades
> os coordinadores.

Se mal non lembro Marce xa se ofreceu a aceptarte. Quizais sexa boa
idea que comeces aí. Realmente estamos escasos de persoal así que
poderias poñerte case en calquera parte.

> Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion, e estoulle a
> botar un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos
> ficheiros PO, e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten
> moi boa pinta.

Primeiro aprende, despois practica, e canto teñas experiencia (nuns
meses) poderás colaborar en varios proxectos á vez (non en demasiados
á vez, que te volves tolo). E non te desanimes!!

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a