> Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran > iniciativa da que xa me estou a beneficiar como usuario. > > Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas > posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...), > coido poder aportar o meu granciño de area ao proxecto. Estou > especialmente interesado na tradución de openSUSE e KDE, máis que nada > porque é o que uso, e agradeceríavos que me orientásedes sobre o mellor > xeito de comezar. > > Polo momento é todo; un saúdo
KDE +1! :) <ignorar> Supoño que para openSUSE terías que lle botar un ollo a http://www.trasno.net/suse:inicio Pero salvo algún software propio de openSUSE, o mellor é que lle botes unha ollada a http://www.trasno.net/kde:inicio Marce coordina o grupo de tradución de KDE, o seu enderezo de correo electrónico está nesta última ligazón. A verdade é que non sei como orientarte, así que: 1. Instala o Lokalize (estará nos repositorios) 2. Segue as instrucións do último URL que che escribín (o segundo) 3. E se das seguido as instrucións para descargar os ficheiros para a tradución de KDE á primeira xa me darás mil voltas a min cando comecei :) A partires de aí todo é que lle preguntes a Marce que podes traducir (somos tres, así que seguro que haberá algunha aplicación que uses libre para que a traduzas). </ignorar> Xa me estou a pasar. Simplemente mira a ver se podes facer o que se indica en http://www.trasno.net/kde:inicio E se o das feito ou se tes algún problema coméntao na lista. Benvido!

