>>>>>> http://en.wikipedia.org/wiki/Sparse_file
>>>>>>
>>>>>> Ficheiro disperso??
>>>>>
>>>>> Nunca vira isto. Evidentemente "ficheiro fragmentado" non nos vale.
>>>>> Quizais "ficheiro disperso", "ficheiro esparexido", pero non sei se
>>>>> realmente expresan ben a idea.
>>>>
>>>> Gustame o de "esparexido" pode que como estou agora cun aplicativo de
>>>> limpeza de discos o termo esparexido se me afai doado
>>>
>>> Sinceramente non me convence de todo. A ver se atopo algo mellor
>>
>> Indo a Wordreference:
>>
>> 1   (el pelo) ralo,-a
>> 2   (populación, vegetación) escaso,-a, poco denso,-a
>>
>> Creo que a idea vai polo camiño de que ten poucos datos. "ficheiro
>> ermo" quizais?
>
> Refirese a que o que se fai é empregar metadatos (no canto de ceros) para
> substituir o espazo baleiro (sen datos) iso fai que cando se emprega
> "realmente" ese espazo, os datos ocupan moito máis que os metadatos que
> indican "espazo baleiro" e precisan doutro fragmento, así sucesivamente, iso
> leva a que os datos queden totalmente esparexidos polo disco :)
>
> http://8kb.es/desfragmentado-de-sparse-files-en-ntfs/
>
> http://es.bab.la/diccionario/ingles-espanol/sparse+file.html

Eu penso que non é así necesariamente. Un ficheiro normal tamén pode
quedar esparexido por todo o disco se a necesidade de espazo a medida
que aumenta o seu tamaño supera o espazo reservado polo sistema de
ficheiro para dito ficheiro.

Pensei tamén en "ficheiro incompleto" pero tampouco é boa idea. Sigo
sen ver clara ningunha das alternativas propostas.

Responderlle a