Ola a todos, sei que son malos tempos para convocar unha reunión pero coido que é de necesidade tela.
Levo xa algunhas semanas cabilando na idea de ter un coloquio, virtual ou non, ben estruturado sobre terminoloxía. O principal enfoque é consensuar tanto con tradutores voluntarios como con especialistas en lingua sobre os termos máis problemáticos e poder por fin ter un documento, curto pero definitivo, que aplicar no noso traballo. Estaba pensando que podo contactar co SNL da USC para que nos poidan achegar as súas suxestións, e así coa nosa base eminentemente tecnolóxica e a súa base lingüistica chegar a bo porto. Loxicamente outras partes que credes que poderían axuda ou que están involucradas na localización recibirían as súas invitacións. Cunha orde do día que se enviaría con unha semana de antelación, o coloquio servirá para que a xente expoña o que durante a semana previa pensara para que o curso da reunión sexa rápido e sen desviacións de tema. Os dous primeiros pasos son. 1.- Facer a listaxe da xente que debatirá, (falamos tanto individualmente como colectivamente) TODOS os tradutores deberían ter a súa opinión. 2.- Facer a listaxe de termos que son conflitivos e que dunha vez deben asentarse. Non sei que pensades disto... Comentádeme e obro en consecuencia.

