Paréceme ben. Eu non creo que poida ir a non ser que sexa en fin de semana e que se convoque con bastante antelación para encontrar un voo barato.
Entendo que se convocaría a toda a xente con interese no tema (non só a xente de Trasno), non? Creo que moita xente está en varios colectivos pero haberá outra que non. Sería bon que reunións deste tipo sexa abertas a toda a comunidade (g11n, CIF, etc.) Se se me permite a suxestión, eu engadiría á orde do día a proposta de crear un foro (ou lista, ou foro/lista) único sobre lingua (terminoloxía e estilo, basicamente) ao que os membros de todos os grupos estean subscritos, para que os consensos (e a plasmación deses consensos: o glosario) poidan ser transversais e non específicos de cada grupo. Para min o ideal sería ter un só glosario (non que g11n/mancomún teña un, trasno outro, etc.). Vedes isto viábel e/ou desexábel? Ou estou empanado? Saúde, Manuel 2010/1/8 Leandro Regueiro <[email protected]> > 2010/1/7 Miguel Branco <[email protected]>: > > > >> Os dous primeiros pasos son. > >> > >> 1.- Facer a listaxe da xente que debatirá, (falamos tanto > >> individualmente como colectivamente) TODOS os tradutores deberían ter a > >> súa opinión. > >> > >> 2.- Facer a listaxe de termos que son conflitivos e que dunha vez deben > >> asentarse. > >> > >> Non sei que pensades disto... > > > > estou de acordo, temos que asentar a terminoloxía esencial: ten que > quedar > > asentada e poñela en efecto nos DE e nas principais distros, non vos > parece? > > Canta máis xente participe mellor: eu non me importa ceder posturas se os > > demais tamén o fan. > > > > Eu penso que hai que 1º maquinar cun método de decisión da terminoloxía > (como > > tratar neoloxísmos,...) e 2º sentar os termos máis comúns (isto é, cerrar > o > > debate dos sempiternos discutidos en base a unha lóxica que marquemos) > > > > + opinións? > > Boa parte das discusións vólvense abrir porque en ningún sitio quedou > constancia dos resultados (a veces non chegamos máis que a citar > propostas, é dicir, só se comezou a discusión) ou non hai constancia > da discusión (isto é problemático en caso como plugin onde todos > decidimos usar engadido e boa parte da xente xa non se acorda/pasa do > tema), ou as dúas cousas están separadas e é difícil relacionar unha > ca outra. > > Outras veces discútese sen ter recollido toda a información posible: > definición do concepto, lista das traducións usadas no mundo real, > propostas dos glosarios... > > Así que concordo no de que hai que definir un algoritmo para asentar > as cousas, non só neoloxismos, senón traducións cotiás como a de hide > onde hai unha barafunda de traducións incrible. > > E hai que resolver as propostas contraditorias entre os glosarios, así > que se asentamos terminoloxía temos que citar todas as traducións > atopadas (válidas ou non) e indicar por que é válida ou non... e todo > o demais. > > E todo isto antes de meterse no algoritmo para crear neoloxismos que, > igual me trabuco, é o que hai no manual de Mancomún. > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

