2010/1/7 Miguel Branco <[email protected]>: > >> Os dous primeiros pasos son. >> >> 1.- Facer a listaxe da xente que debatirá, (falamos tanto >> individualmente como colectivamente) TODOS os tradutores deberían ter a >> súa opinión. >> >> 2.- Facer a listaxe de termos que son conflitivos e que dunha vez deben >> asentarse. >> >> Non sei que pensades disto... > > estou de acordo, temos que asentar a terminoloxía esencial: ten que quedar > asentada e poñela en efecto nos DE e nas principais distros, non vos parece? > Canta máis xente participe mellor: eu non me importa ceder posturas se os > demais tamén o fan. > > Eu penso que hai que 1º maquinar cun método de decisión da terminoloxía (como > tratar neoloxísmos,...) e 2º sentar os termos máis comúns (isto é, cerrar o > debate dos sempiternos discutidos en base a unha lóxica que marquemos) > > + opinións?
Boa parte das discusións vólvense abrir porque en ningún sitio quedou constancia dos resultados (a veces non chegamos máis que a citar propostas, é dicir, só se comezou a discusión) ou non hai constancia da discusión (isto é problemático en caso como plugin onde todos decidimos usar engadido e boa parte da xente xa non se acorda/pasa do tema), ou as dúas cousas están separadas e é difícil relacionar unha ca outra. Outras veces discútese sen ter recollido toda a información posible: definición do concepto, lista das traducións usadas no mundo real, propostas dos glosarios... Así que concordo no de que hai que definir un algoritmo para asentar as cousas, non só neoloxismos, senón traducións cotiás como a de hide onde hai unha barafunda de traducións incrible. E hai que resolver as propostas contraditorias entre os glosarios, así que se asentamos terminoloxía temos que citar todas as traducións atopadas (válidas ou non) e indicar por que é válida ou non... e todo o demais. E todo isto antes de meterse no algoritmo para crear neoloxismos que, igual me trabuco, é o que hai no manual de Mancomún.

