2010/1/8 Manuel Souto Pico <[email protected]>: > Paréceme ben. Eu non creo que poida ir a non ser que sexa en fin de semana e > que se convoque con bastante antelación para encontrar un voo barato. > > Entendo que se convocaría a toda a xente con interese no tema (non só a > xente de Trasno), non? Creo que moita xente está en varios colectivos pero > haberá outra que non. Sería bon que reunións deste tipo sexa abertas a toda > a comunidade (g11n, CIF, etc.)
Trasno sempre estivo aberto á colaboración doutras persoas ou grupos, sempre que fora de proveito para todos. > Se se me permite a suxestión, eu engadiría á orde do día a proposta de crear > un foro (ou lista, ou foro/lista) único sobre lingua (terminoloxía e estilo, > basicamente) ao que os membros de todos os grupos estean subscritos, para > que os consensos (e a plasmación deses consensos: o glosario) poidan ser > transversais e non específicos de cada grupo. Para min o ideal sería ter un > só glosario (non que g11n/mancomún teña un, trasno outro, etc.). Vedes isto > viábel e/ou desexábel? Ou estou empanado? Desexable si, viable non moito. Cadaquén prefire ter o seu, e nalgúns casos non lles chegou con ter un só glosario (caso de Mancomún). Así que intentarase facer algo no que participe canta máis xente mellor, e que todos poidan usar. Máis non podemos facer. > Saúde, Manuel > > > 2010/1/8 Leandro Regueiro <[email protected]> >> >> 2010/1/7 Miguel Branco <[email protected]>: >> > >> >> Os dous primeiros pasos son. >> >> >> >> 1.- Facer a listaxe da xente que debatirá, (falamos tanto >> >> individualmente como colectivamente) TODOS os tradutores deberían ter a >> >> súa opinión. >> >> >> >> 2.- Facer a listaxe de termos que son conflitivos e que dunha vez deben >> >> asentarse. >> >> >> >> Non sei que pensades disto... >> > >> > estou de acordo, temos que asentar a terminoloxía esencial: ten que >> > quedar >> > asentada e poñela en efecto nos DE e nas principais distros, non vos >> > parece? >> > Canta máis xente participe mellor: eu non me importa ceder posturas se >> > os >> > demais tamén o fan. >> > >> > Eu penso que hai que 1º maquinar cun método de decisión da terminoloxía >> > (como >> > tratar neoloxísmos,...) e 2º sentar os termos máis comúns (isto é, >> > cerrar o >> > debate dos sempiternos discutidos en base a unha lóxica que marquemos) >> > >> > + opinións? >> >> Boa parte das discusións vólvense abrir porque en ningún sitio quedou >> constancia dos resultados (a veces non chegamos máis que a citar >> propostas, é dicir, só se comezou a discusión) ou non hai constancia >> da discusión (isto é problemático en caso como plugin onde todos >> decidimos usar engadido e boa parte da xente xa non se acorda/pasa do >> tema), ou as dúas cousas están separadas e é difícil relacionar unha >> ca outra. >> >> Outras veces discútese sen ter recollido toda a información posible: >> definición do concepto, lista das traducións usadas no mundo real, >> propostas dos glosarios... >> >> Así que concordo no de que hai que definir un algoritmo para asentar >> as cousas, non só neoloxismos, senón traducións cotiás como a de hide >> onde hai unha barafunda de traducións incrible. >> >> E hai que resolver as propostas contraditorias entre os glosarios, así >> que se asentamos terminoloxía temos que citar todas as traducións >> atopadas (válidas ou non) e indicar por que é válida ou non... e todo >> o demais. >> >> E todo isto antes de meterse no algoritmo para crear neoloxismos que, >> igual me trabuco, é o que hai no manual de Mancomún. >> >> >> -- >> To unsubscribe, send mail to [email protected]. > >

