2010/1/7 Fran Diéguez <[email protected]>: > Ola a todos, > > sei que son malos tempos para convocar unha reunión pero coido que é de > necesidade tela. > > Levo xa algunhas semanas cabilando na idea de ter un coloquio, virtual > ou non, ben estruturado sobre terminoloxía. O principal enfoque é > consensuar tanto con tradutores voluntarios como con especialistas en > lingua sobre os termos máis problemáticos e poder por fin ter un > documento, curto pero definitivo, que aplicar no noso traballo. > > Estaba pensando que podo contactar co SNL da USC para que nos poidan > achegar as súas suxestións, e así coa nosa base eminentemente > tecnolóxica e a súa base lingüistica chegar a bo porto. Loxicamente > outras partes que credes que poderían axuda ou que están involucradas na > localización recibirían as súas invitacións. > > Cunha orde do día que se enviaría con unha semana de antelación, o > coloquio servirá para que a xente expoña o que durante a semana previa > pensara para que o curso da reunión sexa rápido e sen desviacións de tema. > > Os dous primeiros pasos son. > > 1.- Facer a listaxe da xente que debatirá, (falamos tanto > individualmente como colectivamente) TODOS os tradutores deberían ter a > súa opinión. > > 2.- Facer a listaxe de termos que son conflitivos e que dunha vez deben > asentarse. > > Non sei que pensades disto... > > Comentádeme e obro en consecuencia.
Parécheme ben, pero estes dous primeiros meses vaime ser difícil a min participar na leria esta. Se fora para marzo non habería problema.

