>> os recentes cambios na composición da miña familia --nacéronme os
>> cativos, neno e nena--
> Felicidades! :D
>
>> a) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
>> desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade a
>> unha persoa física (un segundo coordenador)
>> b) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
>> desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade á
>> asociación (habería que facerse cunha das chaves da FNMT), e que faga
>> as operacións unha persoa física membro do equipo (un segundo
>> coordenador delegado do proxecto trasno)
>> c) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE, e
>> facer as operacións de xestión a través de pootle (que si, que di na
>> documentación que se pode, aínda que son certamente limitadas no
>> sentido de ser moi manual todo).
>>
>> Opinións, por favor.
>
> Non sei moito de Pootle, pero polo que teño escoitado podería ser unha boa
> idea.
>
> PS: entendo que é unha ferramenta web para a tradución que permite subir os
> POs ou traducir directamente en liña, e que mantén directamente as
> actualizacións no repositorio de KDE SC.

Se é para enviar os ficheiros soamente case mellor Transifex, aínda
que non son un seareiro.

Eu optaría polo segundo coordinador con conta.

Envieiche uns erros que me gustaría que se corrixiran canto antes. Non
caira na túa situación actual, así que se podes remítellos a outra
persoa que reparta o traballo ou o faga persoalmente.

Moitas grazas

Responderlle a