2010/1/7 Miguel Branco <[email protected]>: > a b paréceme especialmente boa, pero como se xestiona a chave da FNMT? > desculpa a miña ignorancia
Penso que: http://www.cert.fnmt.es/index.php?cha=cit&sec=4&fpage=35&lang=es > eu encantado faría o traballo, pero méteme medo foder algo no repo: se me > explicas +- en detalle o que tería que facer, considéroo, senón calquera outro > de KDE máis habilidoso ca min... Non te preocupes: os asturianos sobrescribiron hai unha semana ou dúas todas as traducións do castelán e arranxouse o problema en dúas patadas. O proceso é: -Xerar unha chave ssh (tipo rsa), ou conseguir unha (non é imprescindíbel, pero teño os scripts montados para aceder así). -Pedir conta. http://techbase.kde.org/Contribute/Get_a_SVN_Account -- Supostamente pediran(me) que o autorize, e por suposto fareino. - Ler o fundamental de svn + as instrucións en trasno: - executar o script «anovar.sh gl miguelbranco_rsa» cada vez que te vaias pór a traducir. -- á hora de arranxar os conflitos, escoller «mine conflicts» (isto non o fai así o pootle), - facer un svn add `svn status gl | grep "?" | cut -d" " -f7` para engadir os ficheiros novos, que aínda non estexan baixo control de versións. - executar un svn commit gl/o_que_sexa -m"Files contributed by Fulano de tal, ou outra mensaxe que prefiras". Tamén hai unhas interfaces para o svn marabillosas, como o kdesvn. ==== Anímaste?

