Parabéns. Xa é evidente que traballas o dobre que a maioria ;-)

Xosé


O Xoves 07 Xaneiro 2010 13:09:16 mvillarino escribiu:
> Boas,
> 
> os recentes cambios na composición da miña familia --nacéronme os
> cativos, neno e nena-- tiveron como efecto secundario o curioso efecto
> de que non poda dispor do meu tempo como antes, é dicir, onde antes
> tiña unha hora para o correo+traducir agora teño 0,01 segundos.
> 
> Isto, a efectos da tradución de KDE trouxo como resultado, como xa vos
> decataríades, que leve algo así como unha semana sen facer unha
> entrega; evidentemente, isto non pode seguir así, polo que me vexo na
> obriga de propor dúas/tres alternativas:
> 
> a) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
> desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade a
> unha persoa física (un segundo coordenador)
> b) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE,
> desde a que facer as operacións que viña a facer, con titularidade á
> asociación (habería que facerse cunha das chaves da FNMT), e que faga
> as operacións unha persoa física membro do equipo (un segundo
> coordenador delegado do proxecto trasno)
> c) Obtención dunha segunda conta de acceso no repositorio de KDE, e
> facer as operacións de xestión a través de pootle (que si, que di na
> documentación que se pode, aínda que son certamente limitadas no
> sentido de ser moi manual todo).
> 
> Opinións, por favor.

Responderlle a