Ola Fran, Concordo contigo totalmente no de non utilizar Facebook como referencia.
De tódolos xeitos creo que o día que a versión galega sexa estable será un dos produtos localizados ao galego máis usados (e os seus usuarios iranse familiarizando cos termos que alí se utilicen). Así que non deberiamos de perdelo de vista. De momento, como ti ben dis, hai aspectos que deixan moito que desexar (ou correxir para o que se anime). -----Original Message----- From: Fran Dieguez (Mabishu St.) [mailto:[email protected]] On Behalf Of Fran Dieguez Sent: 01 February 2010 12:57 To: Trasno - Lista Subject: Re: [terminoloxía] termo versus termino Coido que Miguel se refería ao "termo" que reflexa o seguinte exemplo: Insira un termo a buscar na base de datos Como "ben" indica Lucía a tradución de Facebook faino con termos pero teño que apuntar que, e deixo claro que non sei quen o traduceu, son usuario de Facebook e a súa tradución deixa moito que desexar. Principalmente porque son os usuarios os que poden facer a tradución e a inconsistencia é moi moi acuciada, ademáis de que en moitas ocasións son traducións literias do inglés que resultan moi "incomodas de ver". Persoalmente desvotaría a idea de tomar Facebook, neste momento, como tesauro de tradución a ter en conta. Por suposto se alguén atopa argumentos que poidan contrarrestar a miña proposición serán benvidos. Saúdos On 01/02/10 13:23, Leandro Regueiro wrote: >>> Cando galamos de terminoloxía eu terminografía está claro, pero cando nos >>> referimos aos "terminos dunha licenza" como leo de cotío, au cando falamos >>> de "TERMOS/TERMINOS" lingüisticos.... ahí atopome xa perdidodo. >> >>> Alguén pode alumar as miñas dúbidas?? >> >> No digalego aparece "termos" co significado que dicías: >> >> s m pl Condicións ou circunstancias en que se establece un acordo. >> >> No corpus de Mancomun aparece "terms of use" como "condicións de uso". >> >> O da RAG parece que non funciona hoxe e o cluvi non recolle "term" con ese >> significado. Os tradutores do galego de facebook estano traducindo por >> "termos" >> ou "condicións" (aínda q este exemplo non sexa moi científico ;)) . >> >> En ningún caso atopei "términos". > > A min "condicións" paréceme mellor tradución que "termos" que sempre > me soou un tanto raro. O de "términos" nunca o vin en galego. > > -- To unsubscribe, send mail to [email protected].

