2010/2/1 Lucia.Morado <lucia.mor...@ul.ie>

> Ola Fran,
>
> Concordo contigo totalmente no de non utilizar Facebook como referencia.
>
> De tódolos xeitos creo que o día que a versión galega sexa estable será un
> dos produtos localizados ao galego máis usados (e os seus usuarios iranse
> familiarizando cos termos que alí se utilicen). Así que non deberiamos de
> perdelo de vista. De momento, como ti ben dis, hai aspectos que deixan moito
> que desexar (ou correxir para o que se anime).
>
>
> -----Original Message-----
> From: Fran Dieguez (Mabishu St.) [mailto:fran.dieg...@mabishu.com] On
> Behalf Of Fran Dieguez
> Sent: 01 February 2010 12:57
> To: Trasno - Lista
> Subject: Re: [terminoloxía] termo versus termino
>
> Coido que Miguel se refería ao "termo" que reflexa o seguinte exemplo:
>
> Insira un termo a buscar na base de datos
>
> Como "ben" indica Lucía a tradución de Facebook faino con termos pero
> teño que apuntar que, e deixo claro que non sei quen o traduceu, son
> usuario de Facebook e a súa tradución deixa moito que desexar.
> Principalmente porque son os usuarios os que poden facer a tradución e a
> inconsistencia é moi moi acuciada, ademáis de que en moitas ocasións son
> traducións literias do inglés que resultan moi "incomodas de ver".
>
> Persoalmente desvotaría a idea de tomar Facebook, neste momento, como
> tesauro de tradución a ter en conta. Por suposto se alguén atopa
> argumentos que poidan contrarrestar a miña proposición serán benvidos.
>
> Saúdos
>
> On 01/02/10 13:23, Leandro Regueiro wrote:
> >>> Cando galamos de terminoloxía eu terminografía está claro, pero cando
> nos
> >>> referimos aos "terminos dunha licenza" como leo de cotío, au cando
> falamos
> >>> de "TERMOS/TERMINOS" lingüisticos.... ahí atopome xa perdidodo.
> >>
> >>> Alguén pode alumar as miñas dúbidas??
> >>
> >> No digalego aparece "termos" co significado que dicías:
> >>
> >> s m pl Condicións ou circunstancias en que se establece un acordo.
> >>
> >> No corpus de Mancomun aparece "terms of use" como "condicións de uso".
> >>
> >> O da RAG parece que non funciona hoxe e o cluvi non recolle "term" con
> ese
> >> significado. Os tradutores do galego de facebook estano traducindo por
> "termos"
> >> ou "condicións" (aínda q este exemplo non sexa moi científico ;)) .
> >>
> >> En ningún caso atopei "términos".
> >
> > A min "condicións" paréceme mellor tradución que "termos" que sempre
> > me soou un tanto raro. O de "términos" nunca o vin en galego.
> >
> >
>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Pola miña parte está claro, a dúbida viña polo que vin nalgúns casos,
seguirei usando termos como viña facendo até o de agora e segundo vaian
xurdindo irei mudando, nas licenzas, o de termos por condicións.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a