Creo que non é o mesmo - termos de uso?, = condicións de uso (en palabras que expresan as condicións) - en termos de, = no contexto de, en sentido de - termo/s, = palabra
De feito, só o primeiro caso sería un auténtico termo. A igualdade en entre termo/término só se da no seu valor técnico - termo=término, unidade semántica que pode ser unha palabra (en terminografía) - termo=término, ámbito (en xeografía) O Volg prefire usar sempre termo (cando falamos do valor "palabra" ou o xeográfico), por enxebrismo. Unha licenza expresa un regulamento de uso, un condicionado (as condicións de uso legal) que se explicita mediante palabras, isto é, en termos. Ex. nos termos legais acaídos O valor xurídico, tamén se pode modular co valor de ámbito, contorno ou paradigma de concepto Ex. Díxolle "todo é posible"; o que en termos políticos significa: non 2010/2/1 Fran Dieguez <[email protected]> > Coido que Miguel se refería ao "termo" que reflexa o seguinte exemplo: > > Insira un termo a buscar na base de datos > > Como "ben" indica Lucía a tradución de Facebook faino con termos pero > teño que apuntar que, e deixo claro que non sei quen o traduceu, son > usuario de Facebook e a súa tradución deixa moito que desexar. > Principalmente porque son os usuarios os que poden facer a tradución e a > inconsistencia é moi moi acuciada, ademáis de que en moitas ocasións son > traducións literias do inglés que resultan moi "incomodas de ver". > > Persoalmente desvotaría a idea de tomar Facebook, neste momento, como > tesauro de tradución a ter en conta. Por suposto se alguén atopa > argumentos que poidan contrarrestar a miña proposición serán benvidos. > > Saúdos > > On 01/02/10 13:23, Leandro Regueiro wrote: > >>> Cando galamos de terminoloxía eu terminografía está claro, pero cando > nos > >>> referimos aos "terminos dunha licenza" como leo de cotío, au cando > falamos > >>> de "TERMOS/TERMINOS" lingüisticos.... ahí atopome xa perdidodo. > >> > >>> Alguén pode alumar as miñas dúbidas?? > >> > >> No digalego aparece "termos" co significado que dicías: > >> > >> s m pl Condicións ou circunstancias en que se establece un acordo. > >> > >> No corpus de Mancomun aparece "terms of use" como "condicións de uso". > >> > >> O da RAG parece que non funciona hoxe e o cluvi non recolle “term” con > ese > >> significado. Os tradutores do galego de facebook estano traducindo por > “termos” > >> ou “condicións” (aínda q este exemplo non sexa moi científico ;)) . > >> > >> En ningún caso atopei “términos”. > > > > A min "condicións" paréceme mellor tradución que "termos" que sempre > > me soou un tanto raro. O de "términos" nunca o vin en galego. > > > > > > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

