Eu interpreto que o de arrendar ten só o sentido de que é un dos métodos incluídos de distribución da obra autorizados. Supoño que ten interese cando a obra forma parte dalgún servizo ou contrato: se a obra forma parte dun contrato pódese cobrar polo mantemento feito con ela, por traballos derivados, etc. Por outra banda está moi claro que esta licenza impide calquera restrición engadida polo que só serían compatíbles as licenzas aínda máis permisivas.
Di a EUPL “Distribución e/ou transmisión”: calquera acto de venda, cesión, préstamo, aluguer, distribución, comunicación, transmisión ou outro acto que permita facer copias da obra, en liña ou a través doutros medios, e poñelas a disposición de calquera outra persoa física ou xurídica. Para saber o que significa arrendar Artigo 1550 do Código civil *C**uando en el contrato de arrendamiento de cosas no se prohíba expresamente*, podrá el arrendatario subarrendar en todo o en parte la cosa arrendada, sin perjuicio de su responsabilidad al cumplimiento del contrato para con el arrendador. O texto da licenza é particularmente horroroso de ler, a verdade. El 5 de febrero de 2010 07:32, Adrián Chaves Fernández < [email protected]> escribió: > Esquecede a miña explicación. Máis adiante especifícase o do copyleft. Así > que > simplemente, alguén sabe o que significa? > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

