> Subín o de Sweena, o de Denís e algún máis que atopei. Espero que a > xente non se cabree. Puxen tamén códigos con letras e números a cada > imaxe para que non nos volvamos tolos. http://trasno.net/logo
Cona! que Denís non fixo logo ningún de que eu teña constancia, que o estamos usando é o que propuxera eu ( .gl en amarelo e azul). Non acordaramos iso?? Enviei o que me foi pasando Sweena por iso de respectar as propostas que me fai e para que me orientedes á hora de lle pedir cousas a esta rapaza (que tire por aquí, acolá...). Imaxinádevos que sodes unha empresa e lle encargades o grafismo. O que lle acabo de pedir (e que inicialmente fixen) é que nos retoque, simplemente, o logo do .gl tal que solucione os erros que ten (moi vertical, moito blur...) e que se quere nos faga unha mascotiña, esta si, máis simpática, colorida... e IMHO!!, con respecto a outras cousas que fostes comentando; a nosa "competencia" directa son empresas e competimos polo mesmo "cliente" e o mesmo "target", por moi grupo altruísta que sexamos etc temos que dar unha imaxe de seriedade se queremos ser tidos en conta. Vendo o panorama exterior é o que nos fai falta. Fixádevos en "Softcatalá", íde á páxina deles e mirade.

