2012/5/20, damufo <[email protected]>: > Grazas! > > O módulo onde aparecen estas cadeas é o de: depuración.
Uf,, si xa recordo ter feito algo diso para o kcachegrind, e fora un cristo atopar traducións. Velaí un cacho do que fixera daquela: Para o código secuencial, polo xeral é abondo recoller datos estatísticos das características de execución do programa, como o tempo gastado en cada función e as liñas de código. Isto é chamado "Perfilado". O programa é executado baixo a supervisión dunha ferramenta de perfilado, que dá un resumo dunha execución. En contraste, no código paralelo os problemas de rendimento polo xeral teñen a súa orixe en que un procesador está a esperar datos de outro. Xa que polo xeral non é facil coñecer a orixe deste tempo de espera, neste caso é mellor xerar trazas de eventos con selo temporal. &kcachegrind; non pode visualizar este tipo de datos. Tras analisar os datos de perfilado producidos, debera ser sinxelo ver os pontos críticos e pescozos de botella do código: por exemplo, poden comprobarse suposicións acerca do número de chamadas, e optimizar as rexións identificadas como críticas no código. Tras isto, a eficacia das optimizacións debe ser verificada con outro perfilado. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

